Asemblea xeral de Socias 2020

Venres 30 de Outubro 2020 – Asemblea Telemática

– Espazocoop celebrará a Asemblea 2020 o próximo 30 de outubro ás 16 h. en primeira convocatoria e ás 16.30 h. en segunda.

– Este ano, pola crise sanitaria, será en formato virtual na plataforma Zoom.

 

 

Confirmación de asistencia á Asemblea 

As cooperativas socias poden confirmar asistencia á Asemblea, neste enlace

Con antelación á celebración da asemblea, enviaremos ás inscritas, por correo electrónico, a información e o enlace para acceder á reunión virtual.

Documentación da Asemblea

Para acceder á documentación que iremos publicando para a súa consulta debe indicarse a clave habitual neste enlace

[ Nota: Se non contas coa clave de acceso, contacta con nós para facilitarcha.]


ORDE DO DÍA 


>> 1 | Informe de xestión e económico do exercicio 2019.
Preséntanse a memoria de xestión e actividades desenvoltas e as contas anuais do 2019 da entidade.
Darase lectura ao informe de auditoría de contas da entidade.

>> 2 | Aprobación, se procede, do informe de xestión, das contas anuais e da distribución de resultados do exercicio 2019.
En base aos puntos anteriores, someterase a votación a aprobación o informe de xestión e das contas e do destino do resultado existente, da entidade.

>> 3 | Presentación, debate e aprobación, se procede, do Plan de xestión, para o exercicio 2020: actuacións e orzamento.
Presentaranse, para o seu acordo, as actividades que pensamos que debe abordar ESPAZOCOOP ao longo de 2020, así como o proxecto de orzamentos para o ano 2020.

>> 4 | Modificación da composición do Consello Rector.
Proposta de modifcación das persoas membros do consello rector pola baixa de Isabel García non rexistrada.

>> 5 | Cotas de socias e custo dos servizos para o exercicio.
Aprobación no seu caso das cotas de socias e custo dos servizos para o exercicio.

>> 6 | Aprobación, se procede do Manual de Bo Goberno e Comité Ético.
Aprobación no seu caso do Manual de Bo aoberno e Comité Etico.

>> 7 | Identificación de proposta de actividades a desenvolver por Espazocoop, no 2021.
Traballo por grupos (a nivel sectorial e xeral) para identifcar propostas para o plan operativo de 2021:
– Que actuacións e actividades demandamos para atender as necesidades das cooperativas.
– Que tipo de programas e intervencións nos gustaría que desenvolvese Espazocoop.
– Identificación de demandas políticas a nivel lexislativo (xurídico, fscal, laboral…), representativo, sectorial, etc.

>> 8 | Elección das persoas que asinarán o acta da asemblea.
Xunto coa persoa da presidencia e secretaría da asemblea.

>> 9 | Rogos e preguntas.