Acelera o teu proxecto cooperativo con ES-Factory EspazoCoop – Impulsa!

Rede de aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas economías emerxentes

 

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza un programa de aceleración dirixido a proxectos cooperativos e de economía social.

ES-Factory EspazoCoop – Impulsa componse de formación, mentorías e apoio na busca de financiamento para persoas emprendedoras que desenvolvan iniciativas enmarcadas nas economías emerxentes que se organicen mediante fórmulas empresariais do sector da economía social.

O prazo para participar no programa de aceleración dirixido a proxectos de economía social termina o 27 de marzo de 2025.

A convocatoria ofrecerá ás persoas e os proxectos de emprendemento e consolidación a oportunidade de participar nun itinerario orientado a impulsar e consolidar as súas iniciativas empresariais en réxime de cooperativa ou doutros modelos da economía social. Durante 5 meses as persoas que participen recibirán formación especializada, asesoramento, titorías persoalizadas e soporte para buscar financiamento, todo elo para que os seus proxectos podan desenvolverse máis rápido, e que o fagan dun xeito viable e sostible.

CONSULTA AS BASES

INSCRÍBETE

A aceleradora está deseñada para fomentar a creación e consolidación de iniciativas empresariais en sectores estratéxicos como a economía verde, azul, laranxa, amarela e prateada. Entre os seus principais obxectivos atópanse:

  • Identificar e potenciar novas ideas e liñas de negocio dentro da economía social.
  • Proporcionar formación e acompañamento experto.
  • Ofrecer ferramentas para a avaliación e capacitación das persoas emprendedoras, fortalecendo as súas competencias empresariais.
  • Fomentar a intercooperación e a creación de sinerxias entre as persoas participantes e outros axentes do ecosistema de economía social.

O programa esta aberto a catro grandes grupos de persoas destinatarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal:

  • Persoas emprendedoras interesadas en crear e impulsar os seus proxectos empresariais de economía social.
  • Proxectos de economía social promovidos por empresas do territorio transfronteirizo xa creadas e en fase de consolidación que queiran acelerar os seus proxectos ou alcanzar un salto de escala; deseñando novos produtos, novas liñas de negocio, novos procesos de xestión …
  • Outras empresas de Galicia e do norte de Portugal constituídas baixo outras fórmulas xurídicas que queiran transformarse en empresas de economía social.

Fases de ES-Factory EspazoCoop – Impulsa

O itinerario desenvólvese a través dos seguintes pasos:

SELECCIÓN
  • Inscrición ao programa, ata 27/03/2025
  • Encontro presencial ES-Factory EspazoCoop – Impulsa
 

2 horas

FORMACIÓN Formación grupal e individual 25 horas
ESTRATEXIA – ACELERACIÓN
  • Definición da estratexia
  • Acompañamento especializado
  • Seguimento e Titorización
15 horas
FINANCIAMENTO Encontro presencial sobre fontes de financiamento, boas prácticas, redes e intercooperación 3 horas

EspazoCoop é referente en Galicia para fomentar o cooperativismo

EspazoCoop é unha entidade asociativa multisectorial, que é referente en Galicia para crear cooperativas e apoiar o seu crecemento e consolidación. A Unión de Cooperativas EspazoCoop é a maior rede de cooperativas na comunidade con máis de 270 cooperativas asociadas.

A través da Aceleradora de ES-Factory ofrece recursos e acompañamento para emprender ou consolidarse e tamén contribúe  á creación dun tecido empresarial comprometido coa transformación social e o crecemento económico sostible.

Web ES Factoy : https://es-factory.eu/gl/


Esta iniciativa enmárcase:

– As accións realizadas baixo o proxecto 0259_ES_Factory_1_E están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.

– Programa 2024-2025 da Rede Eusumo, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Xunta de Galicia, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.