Ecological Galicia é unha Feira que se celebra anualmente a segunda semana de agosto, de xoves a domingo, conformada unicamente de produtos certificados como ecolóxicos e/ou biodinámicos. Celébrase en Cambados (Pontevedra) do 6 ao 9 de agosto de 2015.

Xa se pode solicitar a información para expositores dentro do apartado “Exponer” da súa propia web: Preme aquí. Unha vez cuberta a solicitude de información enviarán as Condicións de Participación, as medidas das casetas e o Rexistro.

Vos animan a participar, contactar con nova clientela, ampliar a vosa rede de contactos, ou crear sinerxias con outras empresas do sector. Este será o horario da Feira :

Apertura: 11:00 – Peche: 21:30-22:00

Esta previsto un descanso de 14:30-16:30, pero terán aberto o catering para quen desexe xantar ecolóxico.

O lugar de celebración será no Paseo da Calzada de Cambados (Pontevedra).

Actividades 2015:

Charlas dos-as mellores profesionais do sector de diversos lugares de España con variadas temáticas, exposición de proxectos a realizar, novos produtos, degustacións, cursos, catas, encontros profesionais…, todo nun mesmo espazo ao longo de catro días.

Ecological Galicia quere convidar a afondar no programa de actividades e desexan verlles para disfrutar, probar, coñecer, debatir, opinar, escoitar e en definitiva, axudar a construír o novo panorama ecolóxico galego.