A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pon en marcha unha nova edición dos cursos de formación e divulgación do cooperativismo a través da plataforma de teleformación do Consello Galego de Cooperativas.

As accións formativas desenvolveranse de Novembro de 2013 a Febreiro de 2014 e son completamente gratuítos.

Os cursos ofertados son:

  • Formación Cooperativa Básica
  • Formación Cooperativa en Xestión e Dirección
  • Habilidades Sociais Básicas en cooperativas
  • Márketing/Comercialización de produtos e servizos
  • Responsabilidade Social das cooperativas
  • Planeamento Estratéxico
  • Muller, cooperativismo e igualdade de xénero
  • Fomento cooperativo

Inscrición en : www.teleformacióncooperativa.com

Máis información na web do Consello: www.cooperativasdegalicia.coop

e nos tfnos: 881.999.268 // 654.728.621