A recente nova do posible peche da que era buque insignia do cooperativismo vasco entristece a todo o movemento cooperativo. Poñémonos no lugar das persoas socias e traballadoras que están a pasar nestes intres por graves dificultades e cun futuro incerto. Por suposto que as cooperativas, como modelo empresarial, tamén sufren as crises, sen embargo gustaríanos poñer de manifesto, unha vez máis, que o modelo cooperativo, diante deste entorno, ten respostado non só mantendo ata donde resulta posible os postos de traballo, senón creando novos proxectos e sendo a solución en moitas ocasións a empresas capitalistas en crise reconvertidas. Desde a Confederación Española para a Economía Social apúntase que “dende o comezo da crise hai cinco anos, o conxunto da Economía Social mantivo emprego en España, con máis de 2.400.000 postos de traballo, ademais de lograr a creación de 20.000 novas empresas”. Desde UGACOTA, hoxe máis que nunca, seguiremos apostando polo modelo cooperativo, polos seus principios e valores, na certeza de que as cooperativas contribúen a xerar un mundo mellor.