A Federación de Cooperativas Sinerxia realiza a 1ª sesión do Taller “Promoción do Cooperativismo no Sector Cultural”, será o luns 14 de setembro en Pontevedra en horario matinal.

Queres saber que é o cooperativismo ?, se as cooperativas son unha opción para autoempregarse ?, se funcionan ben para desenvolver actividades de tipo cultural ?. Interésache coñecer experiencias e casos de cooperativas vivas neste ámbito ?. Anímate e participa!.

Aínda queda algunha praza, contacta e reserva en : 986 89 65 26 – sinerxia@sinerxia.org 

Fai clic: Cartel

É unha actividade realizada no marco da Rede Eusumo.