Sensibilización para o emprendemento cooperativo

 

 

Como primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego e emprendemento en colectivo. A través dun programa de sensibilización achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo.

O coñecemento é esencial para eliminar prexuízos e desinformacións, así como para promover unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo.

A programación 2024-2025 realizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e o Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo FSE Plus, contempla a realización de varias charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?”, que están destinadas a aumentar o coñecemento e a comprensión sobre os valores e vantaxes do emprendemento en cooperativa, así como concienciar á xente sobre a súa relevancia para fomentar a economía local e o empoderamento das comunidades e colectivos, especialmente no rural, para mulleres e entre a mocidade, por ser unha ferramenta idónea nos procesos de participación e colaborativos.

Coas charlas cubriremos os seguintes obxectivos:

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar cómo o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Axenda de sesións programadas na edición 2024-2025:

  • 31/10/24 Porto do Son | E ti, Coñeces a Fórmula? | Obradoiro de Emprego Tahume IX de Porto do Son | De 09.30 a 12.30 h.
  • 08/11/24 Santiago de Compostela | E ti, Coñeces a Fórmula? | CIFP Politécnico de Santiago de Compostela | De 10.30 a 13.00 h.
  • 28/11/24 Lugo | E ti, Coñeces a Fórmula? | Taller de Solidaridad Enredadas en el Cambio, CEEI Nodus, Avenida da Coruña, 500, en Lugo | De 10.00 a 12.30 h.
  • 15/01/25 Ribeira | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES Leliadoura de Ribeira | De 09.30 a 13.30 h.
  • 16/01/25 A Coruña | E ti, Coñeces a Fórmula? | ICIFP Paseo das Pontes | De 08.00 a 11.00 h.
  • 27/01/25 Cangas | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES de Rodeira | De 12.00 a 15.00 h.

*Publicaranse neste espazo as seguintes datas e lugares nos que se celebrarán sesións divulgativas de “E ti, coñeces a fórmula?”.

Máis información: contacta a través de 697 877 773 – patane@espazo.coop

Este programa enmárcase:
– No programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.
– Programa de Empleo, Formación, Educación y Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.