Programa formativo:

“A Cooperativa Alternativa de Emprego para a Mocidade”

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega” que se imparte nos meses de febreiro e marzo de 2024 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.

Estas actividades formativas contan co apoio da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Este Programa tamén contan co apoio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.

O primeiro dos cursos dá inicio o día 14 de febreiro, estando a inscrición xa aberta. Trátase dun itinerario formativo en modalidade de teleformación, que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 75 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.

CURSOS DO PROGRAMA `A COOPERATIVA ALTERNATIVA DE EMPREGO PARA A MOCIDADE GALEGA´:

  • Emprendemento cooperativo para a mocidade | 25 h. | Teleformación | Do 14 ao 29 de febreiro 2024
  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 25 h. | Teleformación | Do 1 ao 17 de marzo 2024
  • Desenvolvendo a idea cooperativa | 25 h. | Teleformación | Do 18 de marzo ao 5 de abril 2024

Emprendemento cooperativo para a mocidade

Teleformación| do 14 ao 29 de febreiro de 2024 | 25 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaciónInscrición –  Cartel

 


Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

Teleformación| do 1 ao 17 de marzo de 2024 | 25 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaciónInscriciónCartel


Desenvolvendo a idea cooperativa

Teleformación| do 18 de marzo ao 5 de abril de 2024 | 25 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e a inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaciónInscriciónCartel



 

ESTES CURSOS CONTAN CO APOIO E ENMÁRCANSE NOS PROGRAMAS:

Programa 2023-2024 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.