No marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2017, Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas pon en marcha a partir de abril o Programa de acompañamento Consolidacoop dirixido a cooperativas para impulsar procesos de mellora e consolidación (nas cooperativas de traballo asociado, consumo, servizos, e outras).

O programa non ten custos para a cooperativa, e entre os  seus obxectivos están:

>> Mellorar a capacidade das cooperativas para consolidar a súa actividade, reforzando aquelas áreas que sexan susceptibles de mellora para o seu pleno desenvolvemento empresarial e societario.

>> Acompañar aos equipos de dirección e consellos reitores para que podan asumir con garantías o seu papel de goberno e xestión.

>> Impulsar a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas entre as cooperativas que participen no programa.

>> Dotar de ferramentas específicas de autodiagnose que podan contribuir á mellora futura da xestión empresarial e societaria con carácter autónomo.

Quenes son as destinatarias?

Persoal directivo e técnico das cooperativas así como a persoas socias e /ou traballadoras con responsabilidades de xestión empresarial e societaria.

O programa establecerá un plan de traballo personalizado con cada cooperativa para abordar os procesos de mellora.

ProgramaConsolidacoop

Inscrición: Aquí