Presentación da marca “EXPERTCOOP”

Asesoramento Experto para Cooperativas


En liña, 27 outubro – De 10 a 11.30 horas

  • Cun distintivo gráfico as cooperativas prestadoras de servizos de asesoramento e xestión poderán comunicar que cumpren cos indicadores esixidos pola nova marca ExpertCoop.
  • ExpertCoop busca garantir a calidade de determinados servizos de asesoramento e xestión: Fiscal, Contable, Laboral e Xurídicos prestados a cooperativas.

A marca de excelencia en asesoría cooperativa vai ser presentada o próximo martes 27 de outubro de 2020, nunha sesión virtual organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop. Inscrición, neste enlace

 

As cooperativas, na súa xestión empresarial, son diferentes

As cooperativas contan con múltiples especificidades na súa xestión empresarial, na contabilidade e fiscalidade, no laboral e no ámbito xurídico que requiren dun asesoramento especializado que teña en conta as súas circunstancias particulares e que garanta un correcto desenvolvemento profesional.  A meirande parte das asesorías non contemplan esta especialización e non son poucos os casos e as ocasións nos que o servizo prestado ás cooperativas non reúne mínimos de calidade ou non apoian a fórmula cooperativa, chegando incluso a desaconsellar este modelo de empresa á hora de emprender, polo que a oferta de servizos de calidade para as cooperativas redúcese ou deriva nun incumprimento ou desatención de obrigas (por exemplo, a presentación de contas anuais, as actualizacións de tipo social, …).

A crise da Covid19 puxo de manisfesto de xeito claro que a realidade cooperativa nos ámbitos xurídicos, laborais e societarios precisa de asesoramento especializado. Os distintos Reais Decretos Leis que se publicaron, foron nalgunha medida reveladores da especificidade cooperativa, que precisa de especial atención no ámbito da xestión.

Por outro lado, a figura cooperativa conta con avantaxes claras en relación con outros modelos como a comunidade de bens, sociedade civil ou sociedade limitada cando se trata de proxectos de autoemprego onde as participacións están repartidas de xeito igualitario.

Desde a Unión de Cooperativas Espazocoop, en colaboración cun grupo de asesorías que son cooperativas socias: ACR,  Algalia, D5 Asesores, Xedega, e Xiama, tense desenvolvido un modelo de xestión que establece un marco garantizado de calidade na xestión cooperativa e que dá dereito ao uso da marca colectiva propiedade de Espazocoop “EXPERTCOOP”.

Finalidade 

A sesión de Presentación do martes 27 de outubro, vai dar a coñecer a marca de garantía ao sector cooperativo, ao ámbito das asesorías e consultorías e á sociedade galega, e amosará a imaxe gráfica e a identidade que a representa. Presentará os criterios e requerimentos que se deben cumprir para formar parte da mesma por parte das asesorías cooperativas para ofrecer un servizo de calidade e adaptalo ao sector cooperativo, de tal xeito que outras cooperativas podan unirse á marca e que ademáis a súa divulgación chegue a potenciais beneficiarias e usuarias. Por último, promover as vantaxes do modelo cooperativo e dotalo de prestixio entre o sector das asesorías e consultorías.

Programa

9.45 horas >> Recepción de participantes na plataforma virtual.

10.00 horas >> Intervención da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Presentación das características da marca ExpertCoop e da imaxe identitaria.

10.30 horas >> Intervención das cooperativas socias, asesorías, impulsoras da marca: ACR,  Algalia, D5 Asesores, Xedega, e Xiama.

Razóns e vantaxes da marca ExpertCoop.

11.30 horas >> Fin da sesión.

A celebración da xornada inclúese no plan de traballo para impulsar a marca de excelencia, é parte da campaña de difusión que se extenderá ás redes sociais e medios dixitais, que busca chegar ao público obxetivo de “EXPERTCOOP”: fundamentamente cooperativas, grupos de emprendemento cooperativo, profesionais do sector das asesorías e consultorías, e persoal técnico da administración e de organizacións que teñan relación coa temática.


[ Esta actividade está enmarcada na programación 2020 da Rede Eusumo ]