Título: Aprende a desenvolver o teu proxecto de economía social!

Descrición: O obxectivo fundamental deste curso é percorrer, dun xeito práctico, as pautas, os recursos e os coñecementos para abordar con éxito un proxecto empresarial de economía social.

Duración: 20 horas en liña.

Datas: Do 1 ao 28 de marzo.

A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 27 de febreiro.

Programa formativo

 

Título: A RSE nas entidades de economía social

Descrición: O obxectivo fundamental deste curso é dar a coñecer o concepto da RSE e todas as súas dimensións, así como a metodoloxía e as ferramentas para analizar e avaliar as diferentes alternativas á hora de incorporar ou manter a RSE no modelo de negocio das entidades de economía social.

Duración: 20 horas en liña.

Datas: Do 1 ao 27 de marzo.

A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 27 de febreiro.

Programa formativo

 

Título: Queres crear unha web? Comeza con WordPress! 

Descrición: Este obradoiro, de carácter práctico, vai enfocado a que as persoas participantes adquiran os coñecementos básicos para comezar a realizar o seu propio blog ou web, a través do software libre WordPress, coa finalidade de mellorar a comunicación da súa empresa/entidade de economía social e aumentar a súa visibilidade, tanto a través da mellora do posicionamento como abrindo novas canles de comunicación.

Duración: 16 horas blended learning (9 h de formación presenciais + 5 h de caso práctico + 2 h de titorías).

Lugar: As sesións presenciais celebraranse o 5 e o 7 de marzo na aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís (Rúa Terranova de Eirís nº 7, A Coruña).

Datas: Do 5 ao 27 de marzo.

Horario das sesións presenciais: As sesións presenciais celebraranse o 5 e o 7 de marzo en horario de 09.30 a 14.00 horas.

A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es  ata o 27 de febreiro.

Programa formativo

Estas tres actividades formativas están desenvolvidas pola Rede Eusumo e destinadas ás cooperativas, entre outras entidades de economía social.