EspazoCoop dá continuidade ao Programa de Formación Especializada destinado prioritariamente para as cooperativas socias (gratuíto), tamén para outras cooperativas e organizacións de economía social.

Trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis.  

Iniciou en xuño de 2018 co primeiro dos módulos ‘Ferramentas para a Innovación: design thinking’, en outubro de 2018 celebrouse o segundo módulo ‘Direción e Xestión Financeira nas Cooperativas’, en febreiro de 2019 impartiuse o terceiro ‘Liderado Cooperativo e Xestión de Equipos’,  en abril impártese  ‘Comercia, comunica e vende’, e continúa agora co módulo 5 a través da seguinte proposta formativa :

Fiscalidade Cooperativa Avanzada

Os xoves 23 e 30 de Maio de 2019 en Vigo  – de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 h. – Rúa Torrecedeira 105 (Escola de Empresariais de Vigo) – Duración do módulo 15 horas.

Programa Aquí | Inscrición aquí | Cartel Aquí

IMPARTEN

Carmen Herrera Sorroche. Economista, Responsable da Área Económico Financeira de FEVECTA (Federación Valenciana de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado).
Lucía Álvarez Calvo. Licenciada en ADE. Asesora Fiscal e Contable. Formadora. Colaboradora IFFE Business School e FEUGA en formación fiscal e contable.

 

 

POR QUE FACER ESTA FORMACIÓN

1| Con esta formación mellorarás as capacidades e procedementos na xestión empresarial, para aplicar nos sistemas de dirección e xestión en cooperativas, coñecerás boas prácticas, e ferramentas de utilidade.

2| Tamén se busca favorecer as relacións e o coñecemento entre as cooperativas que participen, e que esto permita establecer colaboracións futuras entre elas. É dicir, coñecerás posibles aliadas e colaboradoras.

CONTIDOS E PROGRAMA

Trataremos e traballaremos catro módulos de contido:

  • Calificacion fiscal da cooperativa
  • Especial protección fiscal no Imposto de Sociedades
  • Resultados cooperativos e Extracooperativos: Contabilización separada
  • Liquidación do Imposto de Sociedades nas Cooperativas de Traballo Asociado
  • A normativa sustantiva
  • Consultas tributarias relacionadas

METODOLOXÍA

Metodoloxía de traballo que combian o coñecemento teórico, coa experiencia práctica, exercicios de autoreflexión, simulacións, debates e demostracións.

PARA QUEN?

1| Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa (Gratuíto).

2| Tamén outras cooperativas, organizacións de economía social, e interesadas.

MATRÍCULA

  • Gratuíto para cooperativas socias de Espazocoop.
  • Resto: 100 €.  
  • 50% de desconto para alumnado e ex-alumnado da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo.

Aforo limitado.

Terán preferencia na asistencia ao mesmo as cooperativas socias de Espazocoop e en segundo lugar outras cooperativas e entidades de Economía Social.

———

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social