ES-MENTORING

Acompañamento á Economía Social



– Rexistro de Mentoras para a 1ª edición de ES-Mentorig, ata o 25 de novembro de 2022 ás 14 h.
– Rexistro para solicitar Mentoría, ata completar as prazas do servizo.



O Proxecto ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co fin de apoiar e consolidar ás cooperativas e entidades de economía social galegas.

ES-MENTORING diríxese ás empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, ou que están nun momento de crise, proceso de cambio, transformación, innovación, entre outros, e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento sobre como enfocar a situación por parte doutras empresas da economía social xa consolidadas e que poidan ter pasado por situacións similares con anterioridade.

Promovemos a creación dunha Rede de mentoras na economía social que permita compartir os coñecementos, vivencias e habilidades dos profesionais con experiencia con outras entidades da economía social que precisan implementar melloras.

 

REXISTRO NA WEB DO PROGRAMA

Tanto se queres SER MENTORA, como se queres SOLICITAR MENTORÍA (de xeito gratuíto)accede á web do programa para rexistrarte neste enlace.

A iniciativa ES-MENTORING será desenvolvida conxuntamente por Agaca e a Unión de Cooperativas EspazoCoop, coa colaboración da Xunta de Galicia.

Contacto en EspazoCoop: teresa@espazo.coop – 986 866 149 (Teresa Balado).