En outubro chega o Roteiro Cooperativo de A Coruña

 

En outubro chega o Roteiro Cooperativo de A Coruña, unha maneira lúdica de coñecer ás cooperativas do concello e descubrir o cooperativismo e a economía social.

 

 

A primeira edición do Roteiro Cooperativo en A Coruña, iniciativa promovida por EspazoCoop en colaboración co Concello de A Coruña, chega este ano á cidade con dúas datas os días 29 e 30 de outubro de 2024.

  • Martes 29 de outubro de 12:00 a 15:00hs. | Alumnado do CIFP de Someso
  • Mércores 30 de outubro de 9:00 a 12:00hs. | Alumnado do CPR La Grande Obra de Atocha

A iniciativa consiste nunha ruta guiada por A Coruña para visitar e coñecer 3 cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e a economía social. A través dela identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo para mostrar proxectos emerxentes, exitosos, e viables, realizando tamén unha función divulgativa sobre o autoemprego colectivo.

Nesta primeira edición do Roteiro Cooperativo na Coruña a comunidade escolar de dous centros de ensino da Coruña serán quenes visiten ás cooperativas, o CIFP de Someso e o CPR La Grande Obra de Atocha.

Cun formato de visita guiada, o punto de encontro será o Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, onde actualmente ten a súa sede na Coruña a Unión de Cooperativas EspazoCoop. Aquí, coñecerase a unha cooperativa establecida no Centro conformada por mulleres. Seguidamente o grupo desprazarase a coñecer outra cooperativa, neste caso cunha traxectoria máis extensa. Despois voltarase ao Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio para coñecer a última das cooperativas, neste caso de recente creación e froito da transformación en cooperativa.

O Roteiro será dinamizado por EspazoCoop, achegará información sobre as opcións de emprendemento cooperativo para o alumnado: As cooperativas xuvenís, ou sobre o Certame de cooperativismo no ensino, ao mesmo tempo, as cooperativas visitadas presentarán a súa empresa, os seus produtos e contarán ás persoas participantes a súa traxectoria.

Cooperativas participantes

As cooperativas que se visitarán e que participan no Roteiro Cooperativo son a cooperativa de construción social Hábitat Social, a axencia de mercadotecnia dixital Tako Group, e a consultora de economía circular Alén.

*Esta iniciativa está realizada no marco do Convenino de Colaboración 2024 entre o Concello de A Coruña e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.