A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria de :
BOLSAS DE XERENCIA EN ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL
Dirixida a persoas desempregadas con estudios finalizados na área empresarial.
Convócanse 6 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.
As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.
Prazo para solicitar unha bolsa xerencial: 23 de abril de 2018.
Localidades das Bolsas:
– Vigo (Pontevedra)
– Pontevedra (Pontevedra)
– Allariz (Ourense)
– Santiago de Compostela (A Coruña)
– Oleiros (A Coruña)
– Narón (A Coruña)
Convocatoria de Bolsas: Aquí
Convoca: EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas.
Financia: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER; Consellería de Economía, Emprego e Industria – Xunta de Galicia; Ministerio de Emprego e Seguridade Social – Goberno de España.
* Estas Bolsas de xerencia en Cooperativas están enmarcadas : No programa de actuación 2018 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.