«As cooperativas, empresas sostibles »
EspazoCoop e o Concello da Coruña veñen colaborando nos últimos anos a través de diferentes proxectos para poñer en valor o cooperativismo. Como continuación desta colaboración o vindeiro venres 15 de novembro no Centro Ágora da Coruña celébrase a xornada AS COOPERATIVAS, EMPRESAS SOSTIBLES, no marco do convenio de colaboración 2024 que ambas entidades manteñen.
A xornada permitirá mostrar a acción realizada a favor do cooperativismo no concello durante este ano, achegando resultados, pero amais, a mesma ten como temática central a achega das cooperativas á sostibilidade, a integración nelas dos principios de sostibilidade, tanto a nivel de gobernanza como de autoxestión de actividades, que contribúen a unha maior calidade do ecosistema do Concello da Coruña.
O evento ten como obxectivos:
– Visibilizar as potencialidades que ofrece o cooperativismo para a dinamización empresarial e a creación de emprego no concello da Coruña.
– Identificar achegas que o cooperativismo fai en termos de sostibilidade socioeconómica do concello, e da mellora da calidade de vida da cidadanía.
– Coñecer propostas e boas prácticas que poñan en valor a capacidade de autoxestión de necesidades ou demandas de actuacións para a cidadanía, cara unha diversificación de opcións e respostas.
A xornada «AS COOPERATIVAS, EMPRESAS SOSTIBLES», que se celebra no Centro Ágora da Coruña a partir das 9.30 h., despois da benvida, arrancará cun relatorio marco a cargo de Claudia Rodríguez, da cooperativa Alén economía circular “O papel das cooperativas na sostibilidade”, a seguir a mesa de experiencias Coidando do proxecto e das persoas, coas cooperativas Aventeira e Ás do Social. Despois dunha pausa café, continuará coa segunda mesa de experiencias Cooperativas e comunidade: xuntas para un crecemento sostible, coas cooperativas Labrecos e Medatlantia, a seguir a conversa Cooperativas que marcan a diferenza, con María Roade, da cooperativa Nakeep.
E para finalizar, a xornada contará para o seu peche institucional ás 13.30 h., con representantes do Concello da Coruña e da Unión de Cooperativas EspazoCoop, con Diana Mª Sobral Cabanas, Concelleira de Emprego, Comercio e Mercados do Concello de A Coruña e Claudia Rodríguez Rodríguez, Membro do Consello Reitor de EspazoCoop e da Confederación estatal Coceta.
Programa e inscrición á xornada
Animamos a tódalas persoas interesadas na temática a participar na xornada.
Inscríbete! a asistencia é gratuíta: PRESENTACIÓN E PROGRAMA | PROGRAMA | CARTEL | INSCRICIÓN
[Iniciativa no marco do programa de actividades do Convenio de Colaboración 2024 entre o Concello da Coruña e a Unión de Cooperativas EspazoCoop].