A Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP convídate á próxima sesión dos ALMORZOS COOPERATIVOS da Coruña. O martes 12 de setembro presentaremos propostas de colaboración e máis a Feira de Economía Social da Coruña.

Os Almorzos Cooperativos son encontros de networking e intercooperación con entidades do cooperativismo e a economía social, unha cita matinal ao mes para facilitar a xeración de procesos de colaboración e sinerxías entre entidades do sector.

A Coruña | martes 12 de setembro de 2017 | 9.30 – 11.30 h. | Centro da Rede Eusumo – Concello de Coruña, Accede Papagaio. Rúa Hospital 19 |  Programa: Aquí – Inscrición: Aquí