Accións formativas de EspazoCoop

[ SETEMBRO ]

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos a Programación Formativa prevista para o mes de Setembro de 2021 ofrecendo 4 actividades.  Os cursos previstos desenvolveranse uns en modalidade Teleformación e outros en Presencial, a primeira través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop e a presencial nas localidades de Sada e Porto do Son (A Coruña).

A formación é gratuíta, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de alumnado en cada curso.

  • Emprendendo en cooperativa | Dentro do Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa” |  Presencial (Porto do Son) | 20 h. | Inicio 6 de setembro
  • Formación comercial: coopera, comunica e vende | Teleformación | 20 h. | Inicio 13 de setembro
  • Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa” | Presencial (Porto do Son) | 20 h. | Inicio 21 de setembro
  • Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa “Muller a Cooperativa é para Ti” | Presencial (Sada)  | 20 h. | Inicio 20 de setembro

Como é a nosa modalidade de teleformación?:

O tempo de estudo de cada curso está conformado con diferentes modalidades e obxectivos:

  • Hai unhas horas que son as sesións virtuais de aprendizaxe: con data e hora determinada, que teñen unha duración de 90 minutos, para propiciar o traballo conxunto e colaborativo entre as participantes e para presentar determinados temas.
  • Outras horas que serán as que utilices libremente como alumna/o para ler os contidos que estarán ao teu dispor na plataforma, na Aula virtual de EspazoCoop, para estudar materiais, revisar webgrafía, visionar os vídeos, realizar e enviar as tarefas que se piden no curso á persoa Titora, e revisar a súa retroalimentación.
  • Un tempo que usarás e  organizarás libremente para a participación nos Foros, Titoría coa docente e, finalmente, un tempo para a Avaliación final da formación.

Os cursos hai que completalos no marco do tempo das datas de inicio e fin indicadas para cada acción formativa.


TELEFORMACIÓN


Formación comercial: coopera, comunica e vende

| Teleformación | Do 13 de setembro ao 3 de outubro | 20 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe.

Esta formación é para ti si queres traballar máis afondo a proposta de valor da vosa cooperativa para convencer á clientela, e valorar se estamos comunicando o noso valor diferencial. Tamén aprenderás a deseñar estratexias comerciais de alto impacto perante os novos consumidores e consumidoras. E coñecerás habilidades e ferrramentas operativas para a mellora dos procesos e estratexias de comercialización das cooperativas.

Fai clic: ProgramaCartel | Inscrición


FORMACIÓN PRESENCIAL


Emprendendo en cooperativa

Presencial | 6, 7, 8 e 10 de setembro | 20 horas | Porto do Son | Dentro do Programa ‘Colectivos: A Solución é Cooperativa’

Inscrición: Orientación Laboral – Concello de Porto do Son | 981 86 74 12 (Ext. 1302) – jose.pazo@portodoson.gal

Fai clic: Programa | Cartel |

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



 

Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

Presencial | Do 21 ao 24 de setembro | 20 horas | Porto do Son | Dentro do Programa ‘Colectivos: A Solución é Cooperativa’

Inscrición: Orientación Laboral – Concello de Porto do Son | 981 86 74 12 (Ext. 1302) – jose.pazo@portodoson.gal

Fai clic: Programa | Cartel |



Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

Presencial | Do 20 ao 23 de setembro | 20 horas | Sada | Dentro do Programa ‘Muller a Cooperativa é para Ti”

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición

 

 


[ Estas actividades están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia. Tamén están no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.]