A Rede Eusumo, rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social, participa na iniciativa de emprendemento PONT-UP STORE a través da organización do  XOGO DE CREACIÓN DE EMPRESAS #ASOLUCIÓNCOOPERATIVA!, unha actividade que pretende amosar de forma dinámica as vantaxes e particularidades da economía social e dos aspectos crave na creación dunha empresa.

O PONT-UP STORE é unha iniciativa de apoio ao NOVO EMPRENDEMENTO, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da CULTURA EMPRENDEDORA na sociedade, apostando pola creatividade e o  emprendemento para o desenvolvemento persoal e da  sociedade en xeral.

Este Xogo  terá lugar en Pontevedra o día 23 de setembro de 10:00 a 14:00 h na Casa das Campás, na Rúa Don Filiberto número 9.

A actividade é de carácter gratuíto. Para a súa inscrición débese facilitar o nome, DNI e email en info@eusumo.coop ou no 981 55 80 08.

Fai clic:  DIPTICO ACTIVIDADE EUSUMO_PONT-UP_STORE

MAILING-DIPTICO