Programa “Ecosistema Emprendedor na Economía Social” [ Concello de Santiago de Compostela ]
– Programa: Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social e cooperativa.
– Financiado polo Concello de Santiago de Compostela.
– Período: Dende 2020 – En curso.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop ven realizando programas de fomento do cooperativismo e a economía social en colaboración co Concello de Santiago dende o ano 2020.
Os proxectos de accións do Concello de Santiago coa Unión de Cooperativas para o ámbito da economía social ten por finalidade e obxectivos :
> Impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social na contorna de Santiago de Compostela.
> Achegar ás persoas prescriptoras de emprego e emprendemento, das diferentes entidades e organizacións, as especificidades, características e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social.
> Visibilizar e divulgar entre a poboación en xeral os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.
> Dar a coñecer a persoas en proceso de busca de emprego, persoas interesadas en incorporarse ao mercado de traballo a través do emprendemento colectivo, grupos promotores de cooperativas, profesionais autónomos interesados en compartir servizos, recursos, investimentos, etc. o modelo de emprendemento cooperativo.
Dar a coñecer cooperativas do Concello de Santiago, fomentando un consumo cooperativo, en empresas con principios e valores da ES.
Programación de actividades para 2025
Esta programación conta co financiamento do Concello de Santiago a través do programa municipal Feito en Santiago.
Formación especializada para cooperativas
O programa de Formación Especializada ofrece 3 cursos especializados en materia cooperativa:
- Xestión laboral e societaria en cooperativas, 13 de maio e 10 de xuño
- Marketing dixital para cooperativas, 20 e 27 de maio
- Intelixencia artificial e economía social, 3 de xuño
Un total de 25 horas de formación especializada durante os meses de maio e xuño de 2025.
Xornada: “Transformando a cidade dende o cooperativismo”, polo Ano Internacional das Cooperativas 2025
Contempla a realización dunha xornada o 24 de setembro de 2025 sobre o modelo cooperativo en Compostela e como pode contribuír á transformación de aspectos clave, que ao mesmo tempo visibilizará o Ano Internacional das Cooperativas 2025, declarado pola ONU. Neste sentido, o día 25 de setembro está previsto que o Pleno do Concello de Santiago declare o seu apoio ao Ano Internacional das Cooperativas 2025.
Sensibilización sobre cooperativismo en centros de ensino: “E ti, coñeces a fórmula cooperativa?”
Con 4 charlas divulgativas, experiencias e casos cooperativos para divulgar a fórmula cooperativo entre o alumnado de secundaria e formación profesional do Concello de Santiago de Compostela.
Roteiro Cooperativo
Desenvolvemento de varias edicións dunha ruta na que visitar cooperativas coa finalidade de dar a coñecer e identificar cooperativas que están presentes, no día a día da cidadanía ao tempo que promocionar o modelo cooperativo, identificándoo con proxectos viables. A realización desta actividade realizarase no meses de abril a setembro de 2025 e contarán con 4 edicións.
—
Novas e recursos relacionados:
A Programación de actividades para 2024 está distribuída en catro liñas de traballo
[ Formación especializada ] ofrece 4 cursos especializados en materia cooperativa:
Xestión de cooperativas: facturación e fiscal, 26 de xuño; Xestión laboral de cooperativas, 3 de xullo; Intercooperación: poñendo en valor a arte de cooperar, 10 xullo; e Organización e xestión societaria de cooperativas, o 17 xullo.
Os catro cursos ofrecen un total de 20 horas de formación especializada entre os meses de xuño e xullo de 2024.
+ Información: neste enlace
—
[ Xornada Mulleres líderes na economía social ] que contempla a realización dunha xornada sobre mulleres e liderado en empresas de economía social o 1 de outubro na Casa Xohana Torres de Santiago de Compostela.
+ Información: neste enlace
—
[ Asesoramento a cooperativas e apoio ao emprendemento ] con asesoramento e acompañamento a persoas interesadas no emprendemento en cooperativa no Concello de Santiago de Compostela. Tamén, con asesoramento a cooperativas en funcionamento para a súa mellora empresarial e societaria. Este servizo conta cun fondo de 100 h. ata o 15 de outubro de 2024.
—
[ Roteiro Cooperativo ] desenvolvemento de varias edicións dunha ruta na que visitar cooperativas coa finalidade de dar a coñecer e identificar cooperativas que están presentes, no día a día da cidadanía ao tempo que promocionar o modelo cooperativo, identificándoo con proxectos viables. A realización desta actividade realizarase no mes de setembro de 2024 e contarán con 4 edicións.
+ Información: neste enlace
—
+ Folleto do programa, neste enlace: ECOSISTEMA EMPRENDEDOR NA ECONOMÍA SOCIAL 2024
—
Novas e recursos relacionados:
—
—
Novas relacionadas da edición 2023:
Folleto informativo 2023: Roteiros Cooperativos