Programa “Ecosistema Emprendedor na Economía Social” [ Concello de Santiago de Compostela ]

 

– Programa: Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social e cooperativa.

– Financiado polo Concello de Santiago de Compostela.

– Período: Dende 2020 – En curso.


 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop ven realizando programas de fomento do cooperativismo e a economía social en colaboración co Concello de Santiago dende o ano 2020.

Os proxectos de accións do Concello de Santiago coa Unión de Cooperativas para o ámbito da economía social ten por finalidade e obxectivos :

> Impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social na contorna de Santiago de Compostela.

> Achegar ás persoas prescriptoras de emprego e emprendemento, das diferentes entidades e organizacións, as especificidades, características e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social.

> Visibilizar e divulgar entre a poboación en xeral os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.

> Dar a coñecer a persoas en proceso de busca de emprego, persoas interesadas en incorporarse ao mercado de traballo a través do emprendemento colectivo, grupos promotores de cooperativas, profesionais autónomos interesados en compartir servizos, recursos, investimentos, etc. o modelo de emprendemento cooperativo.

Dar a coñecer cooperativas do Concello de Santiago, fomentando un consumo cooperativo, en empresas con principios e valores da ES.


Programación de actividades para 2026

Esta programación conta co financiamento do Concello de Santiago a través do programa municipal Feito en Santiago.



Roteiro Cooperativo

Coa actividade Roteiro Cooperativo sensibilízase sobre cooperativismo e visítanse varias empresas cooperativas de Santiago. A finalidade é dar a coñecer e identificar as cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao mesmo tempo promocionamos o modelo cooperativo, identificándoo con proxectos viables.  Os 4 roteiros previstos en 2026 están programados nos meses de marzo, abril e setembro para grupos de ata 15 persoas:

  • Marzo: 11 de marzo de 2026
  • Maio: 18 de maio de 2026
  • Setembro: 2 edicións (pendentes de datas)

Sensibilización sobre cooperativismo en centros de ensino: “E ti, coñeces a fórmula cooperativa?”

Mediante a impartición das charlas en centros de ensino do Concello, “E ti, coñeces a fórmula?”, foméntase o emprendemento en réxime de cooperativa, divúlgase esta fórmula de empresa e móstrase a experiencia real dunha cooperativa, que conta o proceso de posta en marcha da idea de negocio e a xestión do proxecto.

As 4 charlas previstas en 2026 programaranse  nos meses de setembro e outubro, e diríxense a estudantes de centros de ensino secundario de formación profesional, no centro CIFP Politécnico de Santiago de Compostela.

Exposición itinerante “Cooperativas de Compostela”

Coa exposición “Cooperativas de Compostela” achegaremos á cidadanía o cooperativismo presente na cidade. A iniciativa permitirá visibilizar o cooperativismo, e captar o interese polos produtos e servizos que ofrencen as cooperativas.  Tamén servirá de enganche a outras actividades complementarias, dirixidas a coñecelo e fomentar o emprendemento cooperativo.

A exposición realizará un achegamento teórico ao cooperativismo, mostrará cooperativas da cidade e finalmente contará con fotografías de cooperativistas (porque sen persoas non hai cooperativas) para reforzar a importancia das persoas no cooperativismo. A mesma será inaugurada antes de outubro de 2026, será levada a espazos públicos e privados, e de xeito específico estará destinada para expoñer nos centros socioculturais e en centros de ensino, co obxectivo de que sexa unha intervención complementaria doutras actividades de sensibilización ou achegamento ao cooperativismo.

Encontro de intercooperación “Coñéceme para poder gustarte”

O encontro está plantexado para ser un espazo de coñecemento entre as cooperativas de Compostela e de dinamización de procesos de colaboración e intercooperación.

A sesión está dirixida a :

  • coñecer que fan outras cooperativas coas que se comparten necesidades e retos;
  • identificar potencialidades e a complementariedade existente;
  • por en valor o traballo colaborativo e as posibilidade de ofrecer servizos complementarios para escalar e gañar competencia.

As destinatarias da iniciativa son as cooperativas de Compostela e da súa contorna, interesadas en coñecer ou darse a coñecer no ecosistema da economía social e cooperativa; empresas de recente creación en procesos de expansión e consolidación e empresas consolidadas, en proceso de crecemento e/ou diversificación.

—-

Novas e recursos relacionados

 

 


Programación de actividades para 2025

Esta programación conta co financiamento do Concello de Santiago a través do programa municipal Feito en Santiago.



Formación especializada para cooperativas

O programa de Formación Especializada ofrece 3 cursos especializados en materia cooperativa:

  • Xestión laboral e societaria en cooperativas, 13 de maio e 10 de xuño
  • Marketing dixital para cooperativas, 20 e 27 de maio
  • Intelixencia artificial e economía social, 3 de xuño

Un total de 25 horas de formación especializada durante os meses de maio e xuño de 2025.

Xornada: “Transformando a cidade dende o cooperativismo”, con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025

Contempla a realización dunha xornada o 24 de setembro de 2025 sobre como o modelo cooperativo pode contribuír en Santiago á transformación de aspectos clave da cidade. Ao mesmo tempo visibilizará o Ano Internacional das Cooperativas 2025, declarado pola ONU. Neste sentido, o día 25 de setembro está previsto que o Pleno do Concello de Santiago declare o seu apoio ao Ano Internacional das Cooperativas 2025.

Sensibilización sobre cooperativismo en centros de ensino: “E ti, coñeces a fórmula cooperativa?”

Con 4 charlas divulgativas, experiencias e casos cooperativos para divulgar a fórmula cooperativa entre o alumnado de centros de ensino de secundaria e formación profesional do Concello de Santiago de Compostela, os días 30 de setembro, 2 e 3 de outubro de 2025 no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela.

Cartel neste enlace

Roteiro Cooperativo

Desenvolvemento de varios roteiros nos que visitar cooperativas coa finalidade de dar a coñecer e identificar cooperativas que están presentes, no día a día da cidadanía ao tempo que promocionar o modelo cooperativo, identificándoo con proxectos viables.  Esta actividade realizarase no meses de abril a outubro de 2025 e contará con 4 roteiros.

Novas e recursos relacionados

Vídeo resumo da xornada: “Transformando a cidade dende o cooperativismo”

 

 

 

 

 



A Programación de actividades para 2024 está distribuída en catro liñas de traballo

[ Formación especializada ] ofrece 4 cursos especializados en materia cooperativa:

Xestión de cooperativas: facturación e fiscal, 26 de xuño; Xestión laboral de cooperativas, 3 de xullo; Intercooperación: poñendo en valor a arte de cooperar, 10 xullo; e Organización e xestión societaria de cooperativas, o 17 xullo.

Os catro cursos ofrecen un total de 20 horas de formación especializada entre os meses de xuño e xullo de 2024.

+ Información: neste enlace

[ Xornada Mulleres líderes na economía social ] que contempla a realización dunha xornada sobre mulleres e liderado en empresas de economía social o 1 de outubro na Casa Xohana Torres de Santiago de Compostela.

+ Información: neste enlace

[ Asesoramento a cooperativas e apoio ao emprendemento ] con asesoramento e acompañamento a persoas interesadas no emprendemento en cooperativa no Concello de Santiago de Compostela. Tamén, con asesoramento a cooperativas en funcionamento para a súa mellora empresarial e societaria.  Este servizo conta cun fondo de 100 h. ata o 15 de outubro de 2024.

[ Roteiro Cooperativo ] desenvolvemento de varias edicións dunha ruta na que visitar cooperativas coa finalidade de dar a coñecer e identificar cooperativas que están presentes, no día a día da cidadanía ao tempo que promocionar o modelo cooperativo, identificándoo con proxectos viables. A realización desta actividade realizarase no mes de setembro de 2024 e contarán con 4 edicións.

+ Información: neste enlace

+ Folleto do programa, neste enlace: ECOSISTEMA EMPRENDEDOR NA ECONOMÍA SOCIAL 2024

Novas e recursos relacionados:

 

Novas relacionadas da edición 2023:

Folleto informativo 2023: Roteiros Cooperativos