“EspazoCoop Emprende” iniciativa para apoiar a creación de emprego formando cooperativas ata
2029

 

 

– Programa EspazoCoop Emprende.

– Cofinanciado polo Fondo Social Europeo+ e Cepes.

– Período: 2023-2029.


 

O proxecto europeo EspazoCoop Emprende, ten como fin ofrecer un servizo de dinamización, apoio e acompañamento para emprender en cooperativa en Galicia. É unha unha iniciativa que ten como obxectivo a creación de novas empresas e empregos no cooperativismo, ademais de mellorar os servizos de apoio e acompañamento ás empresas cooperativas.

Este proxecto foi aprobado a principios 2023 por CEPES no marco do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO) polo que a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop recibirá máis de medio millón de euros da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo+ no período 2023-2029, e do organismo intermedio CEPES.

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop está desenvolvendo desde setembro de 2023 o proxecto ESPAZOCOOP EMPRENDE-Servizo de dinamización, apoio e acompañamento para emprender en cooperativa. Enmarcado na tipoloxía de proxecto Itinerarios personalizados de emprendemento en economía social, EspazoCoop Emprende aumentará as competencias emprendedoras, e a supervivencia empresarial, mediante o asesoramento e o acompañamento a grupos de persoas promotoras que queiran pór en marcha novos proxectos empresariais.

Trátase dunha iniciativa integral, xa que a través de EspazoCoop Emprende se levarán a cabo:

  • Actividades de sensibilización, formación e asesoramento ás persoas participantes e ós grupos promotores.

  • Asesoramento e apoio na constitución da cooperativa e na tramitación de axudas.

  • Formación ás novas cooperativas constituídas.

  • Ademais, EspazoCoop Emprende apoiará á cooperativa creada durante os seus primeiros 18 meses de vida, a través do asesoramento individual e grupal, e de formación para a consolidación da cooperativa.

Obxectivos

A Unión desenvolverá este proxecto ata o ano 2029 e perseguirá a consecución dos seguintes obxectivos:

  • Aumentar as iniciativas de autoemprego en cooperativa, a través do fortalecemento das competencias emprendedoras, asegurando a creación de novas empresas cooperativas, como modelo de emprego estable e arraigado no territorio.

  • Desenvolver itinerarios personalizados de asesoramento ás persoas emprendedoras nos procesos de maduración do proxecto, constitución, e tramitación de axudas para a constitución de cooperativas, asegurando a súa viabilidade e incrementando as posibilidades de supervivencia (dando soporte no primeiro ano e medio da cooperativa).

  • Mellorar o coñecemento e a relevancia do cooperativismo entre as persoas emprendedoras, as prescriptoras de emprendemento e a sociedade en xeral, dando a coñecer as súas potencialidades como ferramenta de creación de emprego, contribuíndo á transformación cara unha sociedade máis cooperativa, sostible, social e inclusiva, mediante modelos empresariais máis democráticos, como é o caso das cooperativas.

Entre outras, as persoas destinatarias deste proxecto son:

  • Persoas desempregadas, incluídas as de longa duración.

  • Persoas con emprego, tanto por conta propia como allea.

  • Persoas que manteñen ou transforman o traballo á economía social.

Con este servizo da Unión de Cooperativas realizaranse actividades de sensibilización cooperativa, cursos de cooperativismo para formar a persoas emprendedoras, cursos de formación a socias de cooperativas, encontros de intercooperación e networking, e cursos de formación especializada en xestión cooperativa, chegando a asesorar a preto de medio milleiro de persoas e analizar ao redor de 100 proxectos empresariais.

O proxecto complétase cun plan de comunicación e visibilización, e de plans formativos e intercambios profesionais dos equipos técnicos e de traballo do servizo, destinados a mellorar a prestación do mesmo ás usuarias.

O servizo EspazoCoop Emprende para Galicia, fai parte dos 17 proxectos aprobados por Cepes, o conxunto das súas axudas aprobadas están valoradas en 13.740.251,29 euros, dentro do Programa EFESO, como Organismo Intermedio del FSE+ para apoiar os servizos de emprendemento para a creación de empresas e empregos na economía social no territorio estatal.

Web do proxecto

Máis información na web de EspazoCoop Emprende: https://espazo.coop/emprende/

Nova relacionada: