Oferta de emprego:

A cooperativa Fylsem Asesores busca técnico/a de laboral

 

 

FYLSEM ASESORES é unha cooperativa de traballo, unha asesoría de empresas ubicada en O Porriño (Pontevedra).

Acaban de lanzar unha oferta de emprego para a área laboral. Que precisan?
  • Contratación dunha persoa a media xornada: 20 horas/semanais.
  • En horario de: Luns a Xoves de 9:30 a 14:30.
  • Para levar a parte de laboral. Trátase de iniciar o departamento levando traballos de xestión laboral (en principio co respaldo laboral dunha Asesoría coa que colabora Fylsem).
  • Con formación en materia laboral (con titulación de formación profesional ou universitaria).
  • Opción de contratación indefinida.

Se estás interesada/o, envía o teu CV a martapenelas@fylsem.es