Cursos de Alalá s. coop. galega sobre medio ambiente e igualdade

 

 

 

 

Dende Alalá s. coop. galega, chéganos esta proposta formativa composta por dúas accións, unha sobre Sensibilización Ambiental e outra sobre Igualdade de Xénero.

Existe a opción de realizalas tanto en modalidade presencial como en teleformación, e a súa duración é adaptable, podendo realizarse en formatos de 5 horas ou de 10 horas.

Os cursos de Alalá, pódense facer através de Fundae, son entidade organizadora e impartidora de Formación Bonificada a Empresas e realizan as xestións da bonificación na Fundae. No caso de querer bonificar o curso a inscrición deberá informarse como mínimo 10 días antes do inicio do mesmo, para poder realizar os trámites oportunos.

Curso: ODS SENSIBILIZACIÓN E ACCIÓN AMBIENTAL

Na responsabilidade social e sostibilidade empresarial a sensibilización ambiental pódese aplicar a calquera tipo de organización. É unha necesidade local con impacto global coñecer os recursos dos que
dispoñemos para habitar o planeta e construír
presentes e futuros vivibles.

Obxetivos:

  • Capacitar fronte á emerxencia climática sensibilizando e traballando sobre os retos do S.XXI e os ODS.
  • Levar a cabo accións concretas para fomentar a sostibilidade no traballo.
  • Coñecer os recursos da zona para promover o seu correcto uso.
  • Idear accións significativas para o equipo de traballo.

Programa completo e información de descontos: neste enlace

 

Curso: IGUALDADE EFECTIVA ENTRE MULLERES E HOMES

Para conseguir a igualdade efectiva entre mulleres e homes propoñemos un curso que se adapta ás realidades específicas de cada entidade ou empresa á que nos imos a dirixir.

Motívanos integrar a perspectiva de xénero como principio básico e transversal dunha maneira práctica, participativa que se axuste ás experiencias e necesidades das persoas destinatarias do curso.
Cremos na reflexión-acción como base da transformación das
comunidades.

Obxetivos

  • Proporcionar coñecementos e habilidades para aplicar a perspectiva de xénero á valoración dos postos de traballo.
  • Ofrecer ferramentas e metodoloxías para promocionar a igualdade efectiva entre homes e mulleres na empresa ou entidade.
  • Proporcionar coñecementos e ferramentas para abordar o acoso laboral na empresa/entidade.

Programa completo e información de descontos: neste enlace

Máis información e consulta de dúbidas en:
formacion@alalacoop.es

+(34) 663332116

+(34) 673414895