A Confederación Empresarial Española da Economía Social celebra a súa asemblea anual coa participación de EspazoCoop

Acudiron representantes do ámbito da economía social e personalidades da política, a economía e a sociedade civil, tanto a nivel estatal como rexional

O xoves 27 de abril tivo lugar en San Sebastián a XXXI Asamblea Xeral da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) que contou coa participación de EspazoCoop da man de Claudia Rodríguez, Vogal do Consello Reitor da Unión. A Asemblea realizouse no marco dos actos realizados con ocasión da capitalidade da economía social que ostenta a cidade e a ela acudiron máis de 170 asistentes do ámbito da economía social e personalidades da política, a economía e a sociedade civil, tanto a nivel estatal como autonómica.

Segundo Claudia Rodríguez, Vogal de EspazoCoop, “para as asociacións como EspazoCoop, ter presenza nestes foros é moi importante xa que nos permite participar de maneira activa en entidades estatais como CEPES ou COCETA, unha vía fundamental para defender os intereses das cooperativas e presentar revindicacións. Ademais, este tipo de encontros e asembleas son unha fonte de coñecemento para saber que se está a facer a nivel estatal e europeo, o que ofrécenos novas oportunidades a desenvolver por nós”.

 

Recoñecemento da economía social

Juan Antonio Pedreño, Presidente da patronal da economía social, salientou o momento que está a vivir o modelo empresarial de economía social en canto ao seu recoñecemento a nivel internacional, facendo alusión a que, en Europa, representa a 3 millóns de empresas, que empregan a 14 millóns de persoas e representan o 8% do PIB. E engadiu unha serie de reclamacións, “con este panorama e con este recoñecemento, non é de recibo que non esteamos nas mesas de negociación en temas tan fundamentais como a reforma laboral, a regulación da cotización de autónomos, que non se considere a necesidade urxente de abordar unha reforma fiscal de cooperativas que data de 1.990, ou que non se teñan apenas en conta moitas das nosas propostas ante leis innovadoras como a Lei CRECE, a Lei de Empresas Emerxentes ou a Lei de Emprego, entre outras”.

Precisamente, o traballo institucional que levan a cabo entidades como Cepes, Coceta ou a mesma EspazoCoop son fundamentais á hora de presentar revindicacións ás Administracións Públicas e Gobernos, tanto estatais como autonómicos ou locais. “O labor que desenvolven estas entidades é moi importante, é un esforzo por defender os intereses de todas as persoas que traballamos neste modelo económico. Conseguir que as Administracións atendan as nosas reivindicacións, poder ter xuntanzas cos representantes políticos para mellorar o noso escenario é fundamental, e cando participamos nestas Asembleas reforzamos a nosa idea de ter esta presenza tan importante para as socias de EspazoCoop”, sinala Rodríguez.

 

Resolución da ONU

Doutra banda, lembrou a aprobación por parte da ONU, a semana pasada, dunha Resolución favorable á economía social, a cal pide aos Estados membro que promovan e apliquen estratexias, políticas e programas nacionais, locais e rexionais para apoiar e potenciar este modelo empresarial como modelo de desenvolvemento económico e social sostible. Tamén, a Recomendación do Consello da UE, a favor deste modelo cuxa proposta, tal e como apuntou, prevese que se presente o próximo 13 de xuño.

Tal e como sinalou, estes feitos, xunto ao Plan de Acción Europeo, adoptado pola Comisión Europea en decembro de 2021; as resolucións e recomendacións da OIT e OCDE, respectivamente, a favor do modelo; e o informe do Foro de Davos, “mostran que a economía social é motor de traballo decente e vector de sociedades inclusivas e resilientes e situouse na axenda política ao máis alto nivel”.

A nivel estatal, onde a economía social emprega a 2.300.000 persoas -o 12% do emprego-, con máis de 43.000 empresas, e representa o 10% do PIB, Pedreño apuntou á importancia do xa aprobado PERTE para a Economía Social e dos Coidados, dotado de 808 millóns de euros, no que participan 13 ministerios; así como da consolidación da economía social como un obxectivo prioritario do Fondo Social Europeo Plus 2021-2027, no que CEPES continuará sendo organismo intermedio, cunha xestión de 40 millóns de euros ata 2029 coa finalidade de transformar o modelo produtivo a través de organizacións e empresas.

Ademais, este mes aprobouse unha nova Estratexia Española de Economía Social 2023-2027 e o anteproxecto da Lei Integral de Economía Social, da que Pedreño sinalou que “recolle a maioría das demandas do sector, pero debemos seguir traballando para que realmente sexa un instrumento eficaz para mellorar a competitividade das nosas empresas”.

 

Impulso político

Tras repasar a actividade recente e os retos estratéxicos para 2023 de CEPES, a clausura do acto contou coa participación da vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, quen interveu de maneira telemática, achegando unha mensaxe de apoio a este modelo empresarial.

Así, afirmou que “nunca antes a economía social había estado no centro das nosas decisións”, facendo referencia á Resolución da ONU, “un texto pioneiro” que foi impulsado polo Goberno de España. Doutra banda, destacou as alianzas internacionais como o asinado con Portugal, a través do que se inaugurou hai dúas semanas un Centro de Economía e Innovación Social en Garda, no país luso.

O acto tamén contou co apoio de representantes políticos do País Vasco. Ademais de Pedreño, durante a apertura do acto tamén interviñeron a vicelehendakari segunda e conselleira de Traballo e Emprego do Gobierno Vasco, Idoia Mendia, e o alcalde de San Sebastián, Eneko Goia.

O mundo ao que imos necesita empresas distintas”, destacou Mendia, e subliñou a recuperación do emprego que o País Vasco “está a experimentar, en gran parte, pola economía social”.  Pola súa banda, Goia sinalou que “esta Asemblea dános a oportunidade de coñecer como se pode situar ás persoas no centro da economía. Grazas á economía social imos ser capaces de seguir achegando unha visión humana á política, que é o fundamento da nosa misión”.

Durante o acto puxéronse de manifesto os factores que marcarán o contexto da economía social en España nos próximos anos como o Plan de Acción da Economía Social Europea, os Fondos Estruturais 2021-2027, a Estratexia Española da Economía Social e o PERTE da Economía Social e dos Coidados. Tamén se destacou a posición da economía social como un dos eixos da presidencia española da UE no segundo semestre de 2023.