Os servizos de Kracia con descontos para asociadas a EspazoCoop

 

 

Queremos brindarvos unha oferta moi especial para as socias de Espazo Coop. En Kracia queremos contribuír a mellorar a presenza online das socias da Unión e por iso lanzamos esta oferta de desconto do 20% en todos os nosos servizos.

Esta oferta será válida do 1 de maio ao 31 de xullo, en concreto, ofrecemos a oferta para todos os nosos servizos de creación web, campañas online, creatividade, community management e consultoría.

KREACIÓN WEB: Ofrecemos servizos de deseño e desenvolvemento web, creación de tendas online, optimización SEO, hospedaxe e dominio, mantemento e actualización de contidos para garantir que cada sitio web teña unha presenza en liña efectiva.

KAMPAÑAS ONLINE: Os nosos servizos de xestión de campañas publicitarias en liña inclúen estratexia de funnel, publicidade en redes sociais, campañas de Google Ads, creación de páxinas de destino e email marketing, todo acompañado dun seguimento constante para garantir que o investimento en publicidade sexa efectivo.

KREATIVIDADE: Ofrecemos fotografía, videomarketing, servizos de drones, creativos para redes sociais, deseño gráfico e entrevistas para que cada marca teña unha presenza efectiva e atractiva no mundo dixital.

KOMMUNITY MANAGER: Os nosos servizos de xestión de redes sociais inclúen creación de contas nas principais redes sociais, redacción, investigación e organización, atención ás mensaxes, publicacións personalizadas e análise de resultados. Todo isto para que cada negocio poida chegar a máis xente e manter comprometidos os teus seguidores e seguidoras.

KONSULTORÍA: Ofrecemos consultoría e asesoramento en estratexia dixital, identidade de marca, auditoría SEO e análise de palabras clave. Os nosos expertos axudarán a definir unha estratexia eficaz para cada negocio.

Se estás interesado en coñecer máis sobre os nosos servizos, podes visitar o noso catálogo en www.kracia.es. E se tes algunha pregunta, non dubides en contactar connosco!

Unha aperta
O equipo do Kracia

*Imaxe: vía redes sociais (IG) de Kracia