En EspazoCoop estamos buscando unha persoa para unha Bolsa Feuga

 

 

 

 

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop oferta unha Bolsa FEUGA (Fundación Empresa Universidade Galega), para realizar prácticas en procesos de xustificación de programas e proxectos de EspazoCoop, que a Unión executa para distintas administracións públicas, a incorporación está prevista a partir do 1 de febreiro de 2024.

Descrición da oferta

Persoa Titulada universitaria

5 horas

2 meses | 1 bolseira

Titulación requerida

Grao en Administración e Dirección de Empresas

Grao en Ciencias Empresariais

Grao en Economía

Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas

Ubicación

Santiago de Compostela (A Coruña).

Rexistro

As persoas interesadas en rexistrarse a esta oferta e candidatarse como bolseiras poden facelo a través do seguinte enlace da web de Feuga: Bolsas Feuga aquí