Este ano, a Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña celebra o XV aniversario do Premio Emprende Coruña. Un premio que recompensa a traxectoria e o traballo ben feito.

Poden optar os proxectos empresariais, en calquera fórmula xurídica, coa razón social na provincia da Coruña, un mínimo de 6 meses de actividade á data actual, e que sexan constituídas maioritariamente por persoas menores de 41 anos.

As bases do premio poden consultarse aquí. E para cubrir o formulario de participación, preme aquí.