Xuntos/as máis aló da crise
**Fonte: Fiare | A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten un convenio de colaboración con Fiare Banca Ética
Fiare banca ética activa medidas para apoiar ás persoas e empresas sociais ante a emerxencia sanitaria e social
Estamos no medio dunha urxencia sanitaria e social nunca antes vivida. Unha crise que ameaza a saúde de todas as persoas e afecta as nosas relacións, hábitos sociais, as nosas empresas/entidades e a nosa economía.
Como xa sucedeu durante a crise financeira de 2008, as finanzas éticas mobilízanse para apoiar ás persoas e empresas sociais. Queremos fortalecer a economía social e solidaria para acompañar a recuperación das empresas, entidades, acodes clientas e socias.
MEDIDAS PARA ENTIDADES E PERSOAS SOCIAS E CLIENTELA
A través das ferramentas de financiamento e cooperación éticas poderemos superar este momento e comenzar de novo.
O noso compromiso é cunha economía inclusiva e solidaria, para acompañar a recuperación das nosas comunidades e das entidades que viran ao redor delas.
- Tomamos as medidas necesarias para permitir que podamos seguir dando servizo sen prexuizo da saúde da nosa xente.
- Estamos contactando coas entidades que teñen préstamos co noso banco, para coñecer de primeira man cal é a súa situación.
- Estamos moi atentas-os ás medidas que salgan desde as Institucións Públicas para garantizar a liquidez necesaria ás organizacións.
Pero, para o suposto de que as propostas que cheguen desde a Administración non respondan ás necesidades da nosa clientela, estamos analizando diferentes instrumentos que nos permitan ofrecer solucións propias que contribúan a parar o golpe, evitando peches e proporcionar liquidez que axuden a seguir adiante.
Independentemente das medidas que se están habilitando cos organismos das diferentes administracións públicas, nós temos xa ferramentas para ofrecer ofrecer liquidez ás diferentes entidades clientes de Fiare BE. Así mesmo, ofrecemos o noso traballo, para aquelas outras entidades que non sendo aínda clientela de Fiare, podan precisar acodir a ferramentas que lles permita obter liquidez nestes momentos tan incertos.
Compartimos por agora o noso plan de acción contigo, tanto para particulares, como para organizacións e empresas.
Para ás ORGANIZACIÓNS e EMPRESAS aquí están as nosas propostas para apoiar nesta situación de urxencia:
FACILITAR AS SOLICITUDES DE CARENCIA
Neste momento de incerteza e descenso da actividade económica Fiar Banca Etica quere facilitar ás entidades e empresas que teñen algún produto de financiamento procesos de carencia diversos para facilitar o seu pago.
As diferentes administracións públicas anunciaron liñas de apoio ás empresas de diferente índole, e estamos estudando as diversas propostas para entender o encaixe para as entidades da economía social.
NOVO FINANCIAMENTO
Para expandir o apoio financeiro ás entidades e empresas da economía social, terceiro sector e economía solidaria, Fiar Banca Etica pon a disposición os seus servizos de financiamento dispoñibles ata a actualidade con facilidades engadidas.
Anticipo Exprés ¡Novos prezos!
Unha liña de financiamento para as empresas e entidades que traballan coa Administración Pública. axustamos os prezos para apoiar ás entidades que poden necesitar liquidez nestes momentos de incerteza. Consulta as condicións e inicia o proceso online desde a mesma web, en só 3 pasos.
Fai clic: Coñece as condicións do anticipo exprés
Catálogo de financiamento
Fiar Banca Etica ofrece un amplo abanico de produtos de crédito que apoian ás entidades canto máis o necesitan. Consulta a continuación que financiamento se adecua ás túas necesidades.
Fai clic: Produtos de financiamento
Garantía FEI- EASI
Asinouse un acordo co Fondo Europeo de Investimentos (FEI), para facilitar a garantía EASI a proxectos de economía social , que cobre ata o 80% do investimento sen costo adicional para os clientes para operacións de ata 10 anos.
É un momento onde temos que saír xuntas como sociedade, non de forma illada, por este motivo o papel das redes é clave.
**Fonte: Blogue de Fiare | A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten un convenio de colaboración con Fiare Banca Ética