O Proxecto Batefogo, está conformado polas cooperativas Feitoría Verde, Maos e Encomún, e traballan pola prevención dos lumes forestais a través da intervención social. Os días 7 e 8 de outubro de 2016 celebran un encontro de traballo en Manzaneda, con charlas e mesas redondas, para coñecer iniciativas que traballan por e para o rural.

A asistencia é aberta e gratuíta.

A charla do día 7 de outubro terá por título “Oportunidades para a valorización dos pastos con gando” e será dada por Joan Albiés, representante da Plataforma pola Gandaría Extensiva e o Pastoralismo. Falará de experiencias en vacún e ovino/cabrún para a xestión dos pastos de montaña que hai en Manzaneda, enmarcando primeiro os condicionantes propios do concello e as oportunidades de futuro.

Máis información: info@batefogo.com – https://batefogo.wordpress.com/