Convocados pola Xunta de Galicia, os Premios da Cultura Galega recoñecen o traballo de persoas e institucións nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección exterior. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca anualmente estes premios co obxecto de apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos diferentes ámbitos.

Así no campo do Audiovisual recoñeceuse á cooperativa Numax, primeira sala de cinema galega integrada na Rede de Exhibición Europa Cinemas, enfoca a súa programación integramente á difusión dos filmes en versión orixinal. Ademais disto, impulsa un programa de subtitulación ao galego que permite, xunto coa difusión en sala, a súa divulgación en múltiples formatos. A través do selo Numax Distribución favorece por primeira vez desde Galicia a estrea no resto de España de filmes de autor contemporáneos, en versión orxinal con subtítulos en galego ou castelán. Este proxecto cultural incorpora unha vertente de formación escolar, unha libraría e un laboratorio de gráfica e vídeo responsable do acabado de filmes que circulan en festivais internacionais, catálogos de exposicións etc.

O galardón deste ano consistirá nunha escultura do artista Manolo Paz, que os premiados e premiadas recibirán nun acto solemne a realizar en próximas datas.

Fonte da nova e máis información: aquí