FABSPACE está enfocada no fomento de novas tecnoloxías e na loita contra a fenda dixital. Tanto para profesionais como para estudiantes e entusiastas. Realizan talleres (electrónica, deseño 3D…), charlas, café labs, workshops …, con orixe na filosofía do Movemento Makers e as Fab Labs.

Os novos espazos colaborativos máis alá dos coworkings ou centros de negocios son os FabLabs, espazos Maker ou Hackspaces. Espazos onde a Filosofía colaborativa está presente en todas as súas actividades. As persoas interesadas poden compartir desde mesa de traballo ata maquinaria de fabricación dixital. Desde o comedor ou a cociña ata as salas de networking.

Fabspace son unha cooperativa de traballo sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo (Pontevedra).

Facebook 

Web

PINGOTA COMUNICACIÓN é unha axencia de comunicación. Realizan gabinetes de prensa, planificación comunicativa on line, organización de campañas publicitarias, redes sociaies, publicacións corporativas, webs, blogs ou posicionamiento SEO.

Pingota Comunicación son unha cooperativa de traballo ubicada en Ferrol (A Coruña).

Facebook

Web