As cooperativas Cestola na Cachola e Feitoría Verde están detrás deste proxecto e organizan o próximo xoves 26 de outubro a xornada “Mulleres Emprendendo e Cooperando”, no Centro Social da 3ª Idade Agolada ás 19.00 h., coa participación de experiencias cooperativas galegas de mulleres, como son os proxectos de Milhulloa s. coop. galega e Cousas da Terra s. coop. galega.
Nesta actividade ademais vaise a presentar o curso “Mulleres Emprendendo e Cooperando desde o Rural” que será impartido polas cooperativas socias Cestola na Cachola e Feitoría Verde, un exemplo de colaboración no desenvolvemento de iniciativas en común, aunando as diversas disciplinas que levan a cabo as cooperativas.
Máis información: Raquel Doallo Álvarez – Cestola na Cachola
Tlf. 679 34 25 62 | info@cestolanacachola.org