Xornada ‘Fomento do Cooperativismo de Consumo’ | 22 de setembro

[Unha actividade dentro do Convenio de Colaboración 2022 entre o Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop ].

A Xornada presencial “Fomento do Cooperativismo de Consumo”  é unha actividade do convenio de colaboración que EspazoCoop realiza co Concello de Santiago de Compostela durante 2022.

O evento fai parte dun conxunto de accións do programa “Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social” destinado a visibilizar e promover o cooperativismo e a economía social.

FOMENTO DO COOPERATIVISMO DE CONSUMO divulgará novos modelos de cooperativismo de consumidoras e usuarias e experiencias ofrecidas pola economía social para o consumo.

Contaremos coa participación de cooperativas de consumo do sector da Alimentación e o comercio minorista, como a Red de Supermercados cooperativos e Árbore Consumo Consciente, S. Coop. Galega.

Tamén estarán cooperativas de consumo do sector da autoprodución e comercialización de Enerxía, como Enherkom Coop e Nosa Enerxía, S. Coop. Galega.

Obxetivos da xornada:

  • Difundir as vantaxes e potencialidades da cooperativa para organizar o consumo de xeito autoxestionado.
  • Divulgar experiencias de cooperativas de consumo en varios sectores, especialmente na Alimentación e na Enerxía.
  • Detectar iniciativas de cooperación no ámbito do consumo entre a cidadanía e o tecido da economía social, que sexan susceptibles de facer parte de procesos de creación ou consolidación mediante o modelo cooperativo.

Data e Horario: Xoves 22 de Setembro de 2022, de 10.00 a 14.00 h.

Lugar: En Santiago de Compostela. Salón de Actos de CERSIA Empresa, R/ Alcalde López Pol s/n (San Lázaro).

Fai clic para consultar o Programa e realizar a Inscrición:

Contacto para esta actividade: 986 866 149 – 687 324 784 – ramon@espazo.coop

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop