Sevilla será sede os días 19 e 20 de setembro do VII Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social, que terá lugar baixo o lema de “ Empresas Sociais, Economía Social e crise do Estado do Benestar na Unión Europea ”.
Organizado polas seccións española e portuguesa do CIRIEC, xunto a CEPES Andalucía e co patrocinio da Junta de Andalucía, está previsto que participen máis dun centenar de investigadores/as e directivos/as da economía social de España, Portugal e outros países de Europa e América Latina.
Os coloquios, que se veñen celebrando dende hai 12 anos, son un foro para compartir experiencias de iniciativas de economía social de España e Portugal.
Descarga aquí o Programa completo en PDF
Inscricións ata o 10 de setembro, para acceder ao boletín de inscrición preme aquí
Máis información: www.ciriec.es