A Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes, organiza 7 xornadas denominadas “Autoemprego e Cooperativismo na Comarca de Ordes”, nos seguintes concellos da Comarca e nas datas indicadas :

 

 

Concello de Cerceda – 7 de outubro

Concello de Oroso – 11 de outubro

Concello de Trazao – 15 de outubro

Concello de Tordoia – 17 de outubro

Concello de Frades – 22 de outubro

Concello de Mesía – 24 de outubro

Concello de Ordes – 30 de outubro

Con tal motivo Ugacota foi convidada a participar nelas, mediante unha intervención sobre ” Cooperativas de Traballo Asociado, outra forma de emprender”. Ademais está previsto presentar nas xornadas á Rede Eusumo, contar con outras asociacións de cooperativas, como Agaca, para aportar as características doutras clases de cooperativas como poden ser as agrarias, entre outras,  e tamén presentar experiencias cooperativas, tanto de traballo asociado como doutras tipoloxías.

Contacto:

Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes

Responsable: Manuel Pena Rodríguez

Teléf.: 981680002

E-mail: manuel.pena@ordes.dicoruna.es