Temos a disposición 1.000 pantallas protectoras
| Doazón da cooperativa MAIER |

 

Prezadas/os cooperativistas:

Prácenos comunicarvos que grazas ao apoio mutuo, a solidariedade, e o traballo en equipo que caracteriza ao cooperativismo, temos a disposición ata 1.000 pantallas protectoras procedentes dunha doazón da nosa cooperativa socia Maier Ferroplast a través da súa matriz MAIER de Bizkaia, para facer fronte ao Covid-19 nos centros de traballo das cooperativas e entidades da economía social.

Desde a Unión de Cooperativas EspazoCoop estamos colaborando na coordinación dos pedidos e na loxística e tamén o fai a nosa cooperativa asociada Seragro (Ames), mediante a cesión do local para o material e a súa distribución.

A través desta comunicación queremos informarvos delo e recoller as necesidades e intereses que teñades as cooperativas socias. Precisamos saber o antes posible quen estaría interesada en contar con pantallas, a que sector pertence e que cantidade.

Terán preferencia as entidades que traballen nos sectores sanitario, da saúde, atención a persoas e/ou aqueles ámbitos de actividade de maior risco de contaxios.

Entidade ofertante: Unión de Cooperativas EspazoCoop, a través das cooperativas Maier Ferroplast s. coop. galega, e a súa matriz en Bizkaia MAIER.

Contacto:
Tino Gago Conde
Xerente da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop
606 707 100 – tino@espazo.coop

Tipo de material doado: 1.000 pantallas protectoras coas características que se especifican na imaxe.

A recollida e transporte por conta da-s entidade-s beneficiarias, indicando cantidade e entidade-s beneficiarias en Maier s. coop. Polígono Industrial Arabieta s/n. 48320, Guernika, Bizkaia.

Para solicitudes de pantallas e calquera dúbida contacta con nós.

Cordiais saúdos!.