A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo organiza este taller, de carácter gratuíto , sobre como emprender dende un modelo de organización cooperativa, para levar adiante proxectos laborais en común xunto a outras persoas. Será o 22 de outubro no Edificio Multiusos da Xunqueira de Redondela, de 10.30 a 14 horas.
Ademáis de expoñer as claves das cooperativas, o perfil cooperativista, ou a importancia de elaborar un plan de empresa cooperativo, contando para elo con persoal do equipo técnico da Federación de Cooperativas Sinerxia, no taller tamén se presentará o caso real dunha cooperativa de traballo, neste caso Nornas S. Coop. Galega, un hostel ubicado en Gondomar que ofrece servizos turísticos como albergue internacional no Val Miñor, asistindo unha persoa socia traballadora para contalo.
Descarga : Programa “O modelo coooperativo como empresa, outra forma de emprender”
Descarga : Ficha de inscrición
Máis información :
Persoa de contacto : Arancha Prieto – E-mail : ofi.cooperativismo@maiv.org – Telf. : 986 42 33 66