A cooperativa Simbiosis organiza un curso Bioestadística Práctica, acreditado polo Sistema Nacional de Saúde con 2,8 créditos de formación continuada para todas as profesións sanitarias.

Datas: do 1 de febreiro ao 30 de marzo de 2016. (40 horas lectivas).

É un curso on-line con apoio tutorial persoalizado.

Con este curso aprenderás os conceptos básicos de bioestadística dunha maneira práctica e sinsela, empregando principalmente R-commander (software libre). Ademais, tratarán sobre a estadística descritiva, a inferencia estadística e, por último, explicarán os conceptos principais do deseño experimental.

Este curso está dirixido a persoas con inquietudes na interpretación de datos estadísticos. Tamén pode ser moi útil para persoas investigadoras e alumnado que están realizando traballos fin de grao ou de máster ou realizando a tesis.

Máis información preme aquí

Contacto en Simbiosis:

formacion@cooperativasimbiosis.com  – Telf. : 698172726