A Cooperativa Pegadas, S.Coop.Galega, con sede na Coruña, ten aberta a recepción de candidaturas para cubrir un posto de traballo na área de administración.

Buscan unha persoa traballadora que poida ter vontade de incorporarse como socia traballadora da cooperativa nun futuro.

Requisitos:

  • Formación: Requírese formación na área de administración, nivel mínimo de T.S. en Administración e Finanzas, valorando formació universitaria en áreas de empresa e administración.
  • Formación complementaria : contabilidade, finanzas, vendas, marketing.
  • Experiencia laboral : valórase experiencia previa no sector de Artes Gráficas.
  • Informática: Dominio do sistema operativo windows, paquete office e correo electrónico.
  • Idiomas: Galego, castelán e inglés , falado e escrito.
  • Imprescindible carnet de conducir.
  • Necesaria dispoñibilidade horária para traballo a xornada completa.
  • Características persoais: buscan unha persoa ordenada, dinámica e proactiva, con capacidade de comunicación, de traballo en equipo e implicada na mellora da organización.

 

Se queres consultar máis información sobre o posto preme:Condicións_gal