SEMENTANDO CIDADANÍA: A iniciativa da cooperativa Xeracción busca apoios

 

Dende a nosa cooperativa socia XERACCIÓN chéganos unha petición de apoio destinada ás demais asociadas e a outras cooperativas, para poder continuar co seu Proxecto SEMENTANDO CIDADANÍA, de atención a familias en situación de vulnerabilidade:

A petición de Xeracción invita a aportar recursos do Fondo de Formación e Promoción Cooperativa das cooperativas ao Proxecto Sementando Cidadanía, en base á Autorización do Consello Galego de Cooperativas a destinar este Fondo á promoción social da comunidade para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo Covid19 (Resolución do 8 de abril de 2020 – DOG nº 75 do 20/4/2020).

Xeracción explícanos que “Comezamos con este proxecto de atención en xaneiro de 2019, ía ser financiado a través das axudas de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, pero denegáronnos o financiamento por non ser Asociación nin Fundación, a pesar de que a Convocatoria era para entidades sen ánimo de lucro (como é o noso caso). Agora, durante o confinamento pola alerta sanitaria, a situación tanto económica como psicóloxica das familias que atendemos no programa, a maioría superviventes da violencia machista, se recrudeceu e precisan máis apoio que nunca, polo que a pesar de carecer neste momentos de financiación, continuamos co Programa.

Neste enlace: Proxecto Sementando Cidadanía, pódense consultar as liñas básicas do noso programa para que teñades máis información e nos poidades ter en conta á hora de decidir onde destinar o Fondo de Formación.

Moitas grazas pola vosa atención e apertas cooperativas.”

Nerea Conde Seguín | Traballadora Social – Xeracción s. coop. galega | 988 613822 – 698 131 032 | info@xeraccion.com | R/ Moratín Nº 2 Ourense