Dende a cooperativa XEDEGA chéganos unha interesante iniciativa relacionada co Cohousing, que basicamente é unha forma de vivir en comunidade, con vivendas privadas e zonas e servizos comúns, plantexada e xestionada polas persoas que residen nela segundo o modelo que elas mesmas deciden, o cal permite definir o proxecto segundo as súas necesidades. Trátase dun modelo alternativo de vivenda, a vivenda colaborativa.
A nosa socia Xedega está lanzando un proxecto de tipo cooperativo sobre Cohousing que vos queremos amosar e trasladar, apoiando a súa divulgación e promoción inicial.
Segundo Xedega a idea é conseguir o interese da xente nel e que se inscriba o maior número de persoas (nesta fase inicial non tería ningún tipo de compromiso). O obxetivo primeiro é testar intereses e promover solicitudes de cesión de terreos para o proxecto de Cohousing, a través dun Concello, Mancomunidade de Montes, etc., polo que cantas máis persoas sexan moito mellor.
Aquí vos deixamos o sitio web do proxecto ESPAZOCONVIVE >> https://espazoconvive.webnode.es/