Programa do Pont-Up Store 19-21 Setembro / Praza de España / Pontevedra

Xa está disponible o Programa da 6ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 19, 20 e 21 de setembro na Praza de España de Pontevedra.

Esta iniciativa, liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, é froito da cooperación de máis de 45 entidades públicas e privadas que durante estes seis anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

A Unión de Cooperativas Espazocoop somos entidade colaboradora de Pont Up Store que adica no seu programa un espazo á economía social: Espazo de Economía Social e Creativa no que a Unión organiza unha Xornada de Cooperativismo Cultural o xoves 19 de setembro cunha mesa de experiencias, un encontro institucional, e unha xuntanza da Sectorial de Cultura de Espazocoop.

Ademais, dentro da programación de Pont Up Store, a Rede Eusumo promove o Mural de Cocreación ‘Imaxina a empresa ideal’ e tamén a Exposición ‘Cata de ideas empresariais na economía social’ coa que dar a coñecer casos e boas prácticas en Galicia e Portugal.

Por último nos stands de Pont Up Store 2019 participa un grupo de cooperativas que se poderán visitar os días do evento: D-Raiz, Catro Ventos Editora, Amarelas, A Factoría Atelier, ou Tres Fuciños.

Consulta TODO o Programa: https://pontupstore.com/web/gl/programa