Presentouse o proxecto cooperativo Casas do Maior da Costa da Morte



A Unión de Cooperativas EspazoCoop foi convidada a asistir á Presentación do proxecto cooperativo Casas do Maior da Costa da Morte, en Couto, o pasado mércores 12 de maio, en calidade de axente colaborador e asesor do proxecto.

As Casas do Maior están promovidas por un grupo de mulleres organizadas en cooperativa que darán servizos de atención á dependencia en locais cedidos por Concellos e entidades, onde tamén se pretende xerar un punto de encontro interxeracional de persoas e familias que fagan uso dos espazos sociais. O servizos situaranse en Coristanco (casa da Capelanía de Erbecedo), Mazaricos (A Picota), Cee (unitaria de Cabaleriza), Laxe (centro social de Traba), Camariñas (unitaria de Xaviña) e en Ponteceso (Casa da Veciñanza de O Couto).

O apoio de entidades e administracións públicas resulta relevante para materializar o proxecto, dende a Unión de Cooperativas prestáronse servizos de asesoramento e acompañamento para crear as cooperativas, guiando na análise da súa viabilidade, elaborando plans de empresa e asesorando nos trámites formais de constitución ou nas axudas.

A través do Programa de EspazoCoop  “COOPERAMOS+ Impulso” -no marco do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña- foi posible canalizar este iniciativa e acadar este logro no que as protagonistas e impulsoras son un grupo de oito mulleres das cooperativas Colaxe, 3C Maiores e Claxes.

O proxecto agarda a resolución da administración de política social para empezar a funcionar este ano.

Novas na prensa sobre a Presentación, fai clic :
Primeiros pasos para que as casas do maior sexan unha realidade
Nace en Laxe unha cooperativa de oito mulleres para xestionar sete centros interxeracionais
Nace a Casa do Maior da Costa da Morte un proxecto de economía social e cooperativismo para asentar poboación

O pase de diapositivas require JavaScript.