Preséntase o Plan Estratéxico 2022-2025 da Unión de Cooperativas EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, co respaldo da Asemblea, aprobou a Planificación Estratéxica prevista para os próximos 4 anos.

A “folla de ruta” elaborada promoverá o cooperativismo na nosa comunidade e afrontará os retos do proxecto da Unión.

A Unión de Cooperativas Galegas presentou un novo Plan Estratéxico para o período 2022-2025 no marco da Asemblea do 3 de Novembro, que expresou o seu apoio á nova estratexia. O Plan inclúe Desafíos e Liñas Estratéxicas que permitirán á organización tomar decisións e implementar accións no marco identificado, co fin de continuar promovendo o modelo cooperativo na sociedade e apoiar ás cooperativas socias.

O camiño a percorrer nos próximos anos xira ao redor do modelo económico cooperativo que representa a empresas con valores e principios basados nunha escala máis humana e democrática, que se presentan como unha solución para crear emprego e como instrumentos máis capaces de resistir as crises, ademais de ser unha opción para transformar empresas antes do seu peche e salvar empregos cooperativizando o traballo. O trazado seguirá impulsando un modelo económico ao servizo das persoas.

A Asemblea contou con participación gobernamental que amosou o seu apoio á entidade: o Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez, que menciouno “a oportunidade que representan as crises, porque aceleran os cambios e traen escenarios nos que toma protagonismo a iniciativa das persoas, sendo as cooperativas un sistema eficaz para resolver problemas”. Pola súa parte, a Directora Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca expresou que teñen “o convencemento que o modelo cooperativo é imprescindible para Galicia”

Pero ademais, a cita estivo acompañada por un dos representantes do movemento cooperativo a nivel estatal, Luis Miguel Jurado, presidente da Confederación estatal de Cooperativas de Traballo Asociado -Coceta- que manifestou o seu respaldo “ao papel que teñen as organizacións territoriais (como EspazoCoop) de utilidade, de acompañamento, de respaldo. Luis Miguel Jurado, como cooperativista destacou a Asemblea de socias como un dos momentos máis importantes nas dinámicas do cooperativismo.

O Plan Estratéxico está conformado arredor destes tres obxetivos xerais:
1| Visibilizar o cooperativismo, e incrementar a súa incidencia política.
2| Construir unha Unión de Cooperativas sostíbel e eficiente.
3 | Consolidar actuacións de fomento do cooperativismo, e afortalar os servizos para as cooperativas socias.

O planing establecido formula propostas de acción para acadar os retos e establece unha serie de indicadores que avaliarán o grao de cumprimento da extratexia marcada. A elaboración do mapa estratéxico foi definido ao longo deste ano 2021, despois dun proceso de traballo de análise e participación, no que estiveron implicadas tanto as cooperativas como outros axentes de EspazoCoop e do sector cooperativo.

A Asemblea de Socias é un lugar de encontro que canaliza a participación, un dos principios clave do cooperativismo, porén ademais de tratar o Plan Estratéxico creouse un foro coas cooperativistas asistentes que fixo posible recoller unha serie de propostas e necesidades da base social de cara a preparar o Plan operativo anual de 2022.

| Plan Estratéxico Espazocoop 2022-2025 neste enlace |

[No acto da Asemblea realizouse un recoñecemento a Mar Pernas, técnica do equipo de EspazoCoop, polos seus 30 anos de traballo en organizacións do movemento cooperativo en Galicia a prol do cooperativismo.

Ademais, aprobouse a incorporación de dúas persoas máis ao Consello Reitor: Óscar Milego de Nosa Enerxía e Claudia Rodríguez da cooperativa Alén]


 

O pase de diapositivas require JavaScript.