Campaña #ODSéate
4º Aniversario da adhesión de España á Axenda 2030, de Desenvolvemento Sostible
O Alto Comisionado para a Axenda 2030, lanza a campaña digital #ODSéate para celebrar o cuarto aniversario da adhesión de España á Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostenible das Nacións Unidas, unha Axenda que asinaron 193 países o 25 de setembro de 2015.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop súmase á iniciativa #ODSéate levando a cabo accións de comunicación en web e Redes sociais para divulgar os obxetivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda e amosar o compromiso do cooperativismo galego cos ODS.
Trátase dunha campaña colaborativa que se desenvolverá do 16 ao 27 de setembro, en alianza con múltiples actores, en liña co Plan de Acción para a implementación da Axenda 2030 que España presentou ante Nacións Unidas en xullo de 2018. Entre as diferentes metas que figuraban no Plan de Acción, está a Transformadora número catro que establecía que en 2020 o 100% da poboación española debería coñecer a Axenda 2030 e estar sensibilizada sobre o alcance das transformacións que a Axenda 2030 conleva. Esta campaña busca contribuír a devandita meta.
A Axenda 2030 ten 17 Obxetivos de Desenvolvemento Sostible con alcance transformador
A iniciativa #ODSéate é unha chamada á acción para que as organizacións e os cidadáns mobilícense difundindo e impulsando o cumprimento da Axenda 2030 e das súas 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible (ODS). Para unirse á campaña, só é necesario #ODSear o logotipo das organizacións, ou os perfís de redes sociais, engadindo a imaxe do aro dos ODS ás mesmas, difundir enlaces con información relacionada coa Axenda 2030 en webs ou blogs, publicar vídeos e exemplos de cumprimento dos ODS en redes sociais, ou mobilizar accións concretas na súa contorna.
Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible da Axenda 2030 perseguen a igualdade de oportunidades entre PERSOAS, a protección do PLANETA e a xeración de PROSPERIDADE nun mundo en PAZ que traballa en ALIANZA para superar os retos aos que nos enfrontamos. Os ODS e a Axenda 2030 ofrecen unha nova narrativa coa que deseñar e construír o mundo que queremos.
17 Obxectivos de Desenvolvemento para transformar o mundo onde cada un ten que facer o seu parte: os gobernos, o sector privado, a sociedade civil e as persoas como TI.
¡COMPÁRTEOS E ACTÚA!
3 vídeos para entender a Axenda 2030
- Noso compromiso coa Axenda 2030 de Nacións Unidas
- Quero deixar unha herencia da que sentirme orgullosa, axúdasme?
- Estamos comprometidos, e ti?
Atopa “outros vídeos que nos gustan” no canal de YouTube
Pincha aquí para descargar o kit de comunicación da Campaña #ODSéate
Pincha aquí para descargar os Recursos #ODSéate
* Fonte: vía Coceta e vía web Gobierno de España