ODS e empresa. Unha aposta de futuro
Os Viveiros de empresas de Deputación de Pontevedra abren o prazo para participar no obradoiro en modalidade online “ODS e empresa: unha aposta de futuro” que imparte a Unión de Cooperativas EspazoCoop.
A cita será o vindeiro mércores 29 de setembro de 16 a 20 h. (vía streaming).
Coñecemento e aplicación práctica dos Obxectivos de desenvolvemento sostible nas pemes.
Obxectivo:
Coñecer como as empresas poden contribuír á consecución dos ODS e da Axenda 2030 ao tempo que crean oportunidades e riqueza para si.
Contidos:
- Que son os ODS e a Axenda 2030: principais metas relacionadas coas pemes
- Papel das pemes na transformación do modelo económico. Vantaxes competitivas
- Integración dos ODS na empresa. Metodoloxía, estratexias e recursos
- Como integro os ODS na miña empresa ou negocio. Pensando de xeito colaborativo na estratexia propia
Dirixido a: empresas, persoas autónomas e emprendedoras e público interesado.
Lugar de realización: telemático.
Número de horas: 4
Data: mércores 29 de setembro, de 16 a 20 h.
Número de prazas: 16
Promoven: os viveiros de empresas da Deputación de Pontevedra coa participación e co cofinanciamento da Fundación Roberto Rivas.
Prazo de inscrición: ata completar as prazas.
Imparte: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Relatora: Laura Vidal Bralo, especialista en consultoría estratéxica a pemes e formación no eido da sostibilidade e da economía circular.
Ficha do obradoiro: neste enlace
Máis información e inscricións no formulario: https://www.depo.gal/-/ods-e-empresa
Máis información en viveiro.lalin@depo.gal ou nos teléfonos 686 540 897 e 886 217 360
[Fonte: web Deputación de Pontevedra]