[ Economía Social A Coruña ] 2021

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña desenvolven un programa de colaboración sobre Emprendemento e Divulgación da Economía Social’ durante 2021 composto por actividades e servizos de apoio ao cooperativismo na cidade da Coruña.

Ambas entidades impulsan un programa con 3 eixos de acción que permiten dotar de servizos de Formación, Asesoramento e acompañamento especializado tanto ás cooperativas en funcionamento da área da Coruña como a persoas e grupos que promoven a creación de empresas cooperativas.

O Servizo presta soporte ás cooperativas para superar a crise actual tratando de evitar no posible a perda de emprego cooperativo ou o peche de cooperativas e empresas de economía social da Coruña.

Tres liñas de intervención – Programa Economía Social A Coruña:

1| Tele-formación

Itinerario formativo de 2 cursos de emprendemento cooperativo, 40 horas cada un, dirixido a diversos colectivos interesados no modelo de empresa cooperativa. Cursos programados:

Como poñer en marcha o meu proxecto cooperativo

Do 25 de outubro ao 19 de novembro 2021 | Tele-formación | 40 h. |

Fai click en: CARTEL – PROGRAMA – INSCRICIÓN

 

Crea e constitúe a túa cooperativa paso a paso

Do 22 de novembro ao 17 de decembro 2021 | Tele-formación | 40 h. |

Fai click en: CARTEL – PROGRAMA – INSCRICIÓN

 

Lugar de celebración: A través da plataforma da Aula virtual de EspazoCoop.


2| “EspazoCoop Acompaña”:  asesoramento e acompañamento a cooperativas

Asesoramentos e acompañamentos, tanto para cooperativas en funcionamento como para persoas de grupos promotores de novas cooperativas, con especial incidencia en empresas en crise, persoas autónomas para agrupar servizos, recursos, e investimentos.

Do mesmo xeito, favorecer a creación de cooperativas conformadas por colectivos con especiais dificultades de inserción ou que proveñan de empresas en crise para tratar de minimizar o impacto no emprego da área e atopar saídas de autoemprego colectivo que contribúan ao mantemento da actividade empresarial.


3| Divulgación cooperativa: Vídeos de casos cooperativos da cidade

Divulgación e promoción de experiencias cooperativas en funcionamento na cidade da Coruña a través da producción de varios vídeos.


Folleto do Programa Economía Social Coruña 2021: Folleto neste enlace


CONTÁCTANOS para solicitar máis información, cita previa de atención, e demandar o Servizos do programa:

881 886 456 | info@espazo.coop | www.espazo.coop