Campaña en REDES SOCIAIS do SECTOR da CULTURA

O NOSO FUTURO NON PODE SER CANCELADO
#NonNosCanceles

Un grupo de profesionais do sector cultural (entre os que se atopan as cooperativas culturais) impulsan unha campaña en redes sociais que inicia hoxe.

 

Achegamos nesta comunicación a Mensaxe e as Imaxes de O NOSO FUTURO NON PODE SER CANCELADO #NonNosCanceles tanto para estedes ao tanto como para que podades difundila nas vosas propias canles. Aínda que por suposto, a idea é que tamén cada quen as adapte, xere as súas propias se o prefire.


O NOSO FUTURO NON PODE SER CANCELADO
#NonNosCanceles

A cultura, no seu sentido máis amplo, tece as nosas vidas, as nosas emocións, a nosa identidade, o noso futuro.Todas as artes están agora mesmo sufrindo na súa pel a cancelación de toda actividade. O sector cultural galego reclama o coidado, o acompañamento e comprensión do público que o aplaude e das administracións que deben servir para axudar a que soportemos un golpe desta magnitude. Milleiros de artistas en xeral, promotores-as, produtoras, axencias de representación, persoal técnico de son, luces e montaxe, cámaras, seguridade… e un longo etc. de profesións que sufrimos un paro indefinido e sen apenas soporte a corto-medio prazo.Fanse urxentes medidas para un sector no que fomos os primeiros en saír da escena e non queremos ser os últimos en entrar, o noso futuro non pode ser cancelado.

Sen cultura non hai país. #NonNosCanceles

Descarga as IMAXES da campaña:

 

Máis información:

PROPOSTAS de MEDIDAS do SECTOR CULTURAL Galego polo Covid-19

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) preparou un documento unificado con 17 asociacións profesionais, entre as que se atopa a Sectorial de Cultura de EspazoCoop. Ler máis

?Emi Candal, portavoz da Sectorial de Cultura da Unión de Cooperativas EspazoCoop, saiu no Telexornal da TVG de onte para sumarse á campaña de defensa colectiva do sector fronte ao Covid19 impulsada dende a Asociación de Xestorxs Culturais APXCG e xunto a dezasete colectivos máis.

? Preme aquí para ver o corte ? https://bit.ly/34mOoy3