‘Programa de impulso dun ecosistema emprendedor na Economía Social’
O Concello de Santiago de Compostela e EspazoCoop colaboran para promover o modelo económico cooperativo
O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran na posta en funcionamento do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´durante 2022, dando continuidade ás liñas de traballo e á alianza que veñen desenvolvendo nos últimos anos.
O Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a Presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, presentaron na mañá do xoves 21 de Abril as actividades do programa nunha rolda de prensa realizada no Concello.
O programa propón actividades que permiten crear un sistema favorecedor e facilitador do emprendemento cooperativo e de economía social entre persoas, profesionais e colectivos da área de Compostela, e iniciarán a partir do mes de Maio de 2022.
O proxecto de accións do Concello para o ámbito da economía social ten por finalidade e obxectivos :
> Impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social na contorna de Santiago de Compostela.
> Achegar ás persoas prescriptoras de emprego e emprendemento, das diferentes entidades e organizacións, as especificidades, características e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social.
> Visibilizar e divulgar entre a poboación en xeral os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.
> Dar a coñecer a persoas en proceso de busca de emprego, persoas interesadas en incorporarse ao mercado de traballo a través do emprendemento colectivo, grupos promotores de cooperativas, profesionais autónomos interesados en compartir servizos, recursos, investimentos, etc. o modelo de emprendemento cooperativo.
O Plan de traballo está conformado por catro liñas de acción:
[ Liña 1, Formación ] ofrece 3 cursos en materia cooperativa: Por unha parte unha Formación para persoas prescritoras de emprego e emprendemento, como axentes de difusión e creación de empresas entre as usuarias dos seus servizos. E por outra parte, un Itinerario Formativo composto por 2 cursos para persoas con interese no emprendemento colectivo.
Os cursos desta Liña ofrecen un total de 120 horas de formación entre os meses de Maio a Xullo.
[ Liña 2, Fomento Cooperativismo de Consumo ] que contempla a realización dunha Xornada divulgativa sobre Cooperativas de Consumo o 22 de Setembro.
[ Liña 3, Tecendo Redes ] con accións que pretenden xerar intercooperación, redes e alianzas, mediante a Xornada Tecendo Redes, o 20 de Xullo, e a realización de Visitas a organizacións e entidades de interese do Concello de Santiago para crear sinerxias de colaboración e traballo a favor do cooperativismo.
[ Liña 4, Roteiros Cooperativos ] desenvolvemento de varias edicións dunha Ruta na que visitar cooperativas coa finalidade de dar a coñecer e identificar cooperativas que están presentes, no día a día da cidadanía ao tempo que promocionar o modelo cooperativo, identificándoo con proxectos viables. A realización desta actividade realizarase nos meses de Xullo e Setembro de 2022 e contarán con 4 edicións.
- Roteiro Cooperativo 1 | Sábado 23 de xullo | de 10 a 13 horas.
- Roteiro Cooperativo 2 | Venres 29 de xullo | de 17 a 20 horas.
- Roteiro Cooperativo 3 | Mércores 7 de setembro
- Roteiro Cooperativo 4 | Luns 7 de novembro
> Folleto informativo do Programa, neste enlace
[ Capacitación prescritoras de emprego ]
A primeira das Liñas, a formación, inicia xa o 13 de Maio, cun curso de tele-formación para persoas relacionadas profesionalmente coa creación de empresas e o emprendemento.
Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social
Do 13 de Maio ao 14 de Xuño de 2022 | 40 h. | Fai clic no Programa e accede á Inscrición
[ Formación cidadanía ]
A liña de formación para a cidadanía ofrece un itinerario de dous cursos en modalidade mixta, destinados a calquera interesada:
A Cooperativa é para Nós
Do 13 ao 30 de Xuño de 2022 | 20 h. | Fai clic no Programa e accede á Inscrición
As Persoas nas Cooperativas
Do 4 ao 22 de Xullo de 2022 | 20 h. | Fai clic no Programa e accede á Inscrición